Os dinamarqueses ou daneses (en ) son unha nación e grupo étnico que habita principalmente en Dinamarca. A maioría deles fala o dinamarqués.
As primeiras mencións ós dinamarqueses proveñen do século VI da Getica de Xordanes, de Procopio e de Gregorio de Tours. A primeira mención ós dinamarqueses dentro do seu territorio é a da pedra de Jelling que di que Harald Blåtand converteu ós dinamarqueses ó cristianismo no século X. Despois da formulación da identidade nacional dinamarquesa no século XIX, os criterio definitorios do dinamarqués é falar a lingua dinamarquesa e identificar Dinamarca como a súa nación. Esta identidade nacional foi construída sobre a base dunha cultura labrega e a teoloxía luterana, tendo o teólogo N. F. S. Grundtvig un salientable papel neste movemento popular.Østergård, Uffe, Peasants and Danes: The Danish National Identity and Political Culture. Comparative Studies in Society and History, Vol. 34, No. 1 (Jan., 1992), pp. 3-27
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Grupos étnicos de Europa
Categoría:Grupos étnicos de Dinamarca Categoría:Grupos étnicos de Europa