O aeroporto internacional de Iloílo , tamén coñecido como aeroporto de Cabatuan, polo municipio onde está situado, ou tamén aeroporto de Santa Barbara polo municipio próximo do mesmo nome, é o aeroporto que serve á provincia filipina de Iloílo, incluída a Cidade de Ioílo, o centro de goberno da rexión de Visayas Occidental. Iniciou os seus servizs comerciais o 14 de xuño de 2007 tras unha década de planificación e construción, substituíndo ao aeroporto de Mandurriao, no centro da cidade, que estivo operativo durante máis de 70 anos. O novo aeroporto herdou os códigos IATA e OACI do vello, ademais da súa posición como cuarto aeroporto máis concorrido de Filipinas. É o primeiro aeroporto tanto da rexión de Visayas Occidental como da illa de Panay construído segundo os estándares internacionais e está considerado a principal porta de entrada á zona.

Aeroliñas e destinos

Notas

Iloilo