STS-63 foi unha misión do transbordador espacial Discovery lanzada o 3 de febreiro de 1995 desde a rampla 39B do Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral.

Características STS-63, con seis astronautas a bordo, foi lanzada para facer varios experimentos a bordo, realizar observacións astronómicas e practicar aproximacións á estación espacial Mir de cara a futuros acoplamentos entre transbordadores e a estación. A tripulación estaba formada polo comandante James D. Wetherbee, a piloto Eileen M. Collins e os especialistas de misión C. Michael Foale, Janice E. Voss, Bernard A. Harris e Vladimir G. Titov.

A máxima aproximación entre o Discovery e a Mir foi de algo máis de 10 metros. A comunicación por radio entre o transbordador e a estación estableceuse moito antes, con Titov (que habitou a estación durante un ano) podéndose comunicar cos tres cosmonautas de a bordo, Alexander Viktorenko, Elena Kondakova e Valeri Poliakov. Na STS-63 voou a primeira muller piloto do transbordador e durante a misión tivo lugar o primeiro paseo espacial dun afroamericano. A bordo tamén ía o segundo astronauta ruso en viaxar nun transbordador estadounidense. A tripulación liberou o observatorio SPARTAN-204 para facer observacións no ultravioleta e posteriormente recuperalo e traballou no laboratorio Spacehab 3, situado na bodega de carga e con 20 experimentos a bordo. Tamén liberaron seis esferas do experimento ODERACS-II para axudar na calibración de radares terrestres e caracterizar o comportamento da lixo espacial de tamaño menor a dez centímetros.

O transbordador regresou a terra no Centro Espacial Kennedy o 11 de febreiro de 1995.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Transbordador espacial Transbordador espacial Discovery

Categoría:Programa STS