STS-72 foi unha misión do transbordador espacial Endeavour lanzada o 11 de xaneiro de 1996 desde a rampla 39B do Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral.

Características STS-72, con seis astronautas a bordo, foi lanzada para despregar e recuperar o satélite OAST Flyer, con varios experimentos a bordo, e recuperar o satélite xaponés SFU, lanzado o ano anterior por un foguete H-II con varios experimentos de longa duración no seu interior. A tripulación, formada polo comandante Brian Duffy, o piloto Brent W. Jett e os especialistas de misión Leroy Chiao, Daniel T. Barry, Winston E. Scott e Koichi Wakata, tamén fixo varios experimentos a bordo do Endeavour.

OAST-Flyer levaba catro experimentos a bordo: REFLEX, GADACS, SELODE e SPRE. Durante o voo tiveron tamén lugar dúas actividades extravehiculares levadas a cabo por Chiao, Barry e Scott para probar ferramentas e técnicas a usar na montaxe da Estación Espacial Internacional. O transbordador regresou a terra no Centro Espacial Kennedy o 20 de xaneiro de 1996.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Transbordador espacial Transbordador espacial Endeavour

Categoría:Programa STS