Manuel Díez Sanjurjo, nado en Burgos o 28 de novembro de 1870 e finado en Valladolid (ou en Madrid segundo outras fontes) o 3 de decembro de 1941, foi un enxeñeiro de camiños e arqueólogo castelán, que residiu varios anos en Ourense. Foi membro numerario da Real Academia Galega. Traxectoria miniatura|Ponte da Cigarrosa. dereita|miniatura|Rúa M. Díez Sanjurjo en Maside.
Foi inspector xeral do Cuerpo de Ingenieros de Caminos e participou na construción da N-120. Era amigo do grupo de intelectuais que rodeaban a Marcelo Macías no Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense, e foi autor de varios traballos de arqueoloxía. Estudou o campamento militar de Aquis Querquennis e o Itinerario de Antonino. En 1908 realizou o proxecto de restauración da ponte da Cigarrosa, sobre o río Sil, entre A Rúa de Valdeorras e Petín. Foi vocal da Comisión Provincial de Monumentos Históricos e colaborou no seu boletín. Ingresou na RAG como membro numerario o 20 de xuño de 1908, en acto celebrado na cidade de Ourense, a proposta de Florencio Vaamonde, Francisco Tettamancy e Uxío Carré Aldao, pronunciando o discurso "Epílogo de la historia del fuero de Allariz", respondido por Tettamancy.
Obra Los caminos antiguos y el Itinerario número 18 de Antonino en la provincia de Orense, 1904-1908.Publicado por entregas dende o n.º 37 ao 63 do Boletín de la Comisión Provincial de Monumentos Históricos y Artísticos de Orense. "Epifanía latina en la provincia de Orense", 1906. De Clunia a Intercacia según el Itinerario de Antonino, 1917.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense
Categoría:Arqueólogos de Galicia Categoría:Nados en Burgos Categoría:Nados en 1870 Categoría:Finados en 1941 Categoría:Membros de número da Real Academia Galega Categoría:Artigos creados co asistente para a creación de artigos