Úrsula de San Diego, nada en Puebla de Don Fadrique en 1570 e finada en Granada o 22 de outubro de 1622, foi unha escritora e relixiosa española do Século de Ouro.
Traxectoria Era filla de fidalgos cunha situación económica delicada, que se dedicaban á agricultura. Con 24 anos ingresou no Convento da Nosa Señora dos Anxos de Baza. Anos despois Juan Orozco de Covarrubias, bispo da diocese de Guadix, quixo introducila como monxa corista no Convento de relixiosas franciscas de Guadix, mais a idea non foi adiante. Úrsula solicitou admisión no convento de Capuchinas de Granada, e o 12 de maio de 1615 tomou de novo o hábito como lega. Profesou dous anos máis tarde.
Obra Vida interior de la Venerable Úrsula de San Diego religiosa lega en el Monasterio de Madres Capuchinas de Granada Convento EspiritualBIESES: Bibliografía de escritoras españolas Ejercicio Espiritual Tratado de las virtudes Principio de la devoción de las Llagas de Jesús. Cuadernos de las Venerables Úrsula de San Diego y Luciana de Jesús
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Escritores de Andalucía Categoría:Escritores en lingua castelá Categoría:Monxes católicos Categoría:Nados en Puebla de Don Fadrique Categoría:Nados en 1570 Categoría:Finados en 1622 Categoría:Personalidades sen imaxes