miniatura|OlimO termo olim utilízase para un grupo de persoas que realizan a Aliyah, ou inmigración cara Israel. A súa forma singular é oleh (m.; pl. olim) ou olah (f.; pl. olot) etíopes de Beta Israel saíndo dun Hercules da Forza Aérea de Israel o 25 de maio de 1991. A Operación Salomón foi unha operación militar israelí que permitiu en 1991 rescatar aos xudeus de Etiopía e levalos cara a Israel. Esta operación foi a inmigración máis importante da comunidade Beta Israel cara ao seu novo fogar nacional, moito máis grande que a Operación Moisés e a Operación Xosué.
O réxime etíope de Mengistu Haile Mariam foi desestabilizado polos rebeldes de Eritrea e Tigray en 1991. Varias organizacións xudías así como o Estado de Israel preocupáronse pola sorte da considerable comunidade xudía de Falashas que vivían en Etiopía, cuxa emigración en masa fora dificultada até entón polo réxime de Mariam. O enfraquecemento e a diminución do poder do réxime africano presentou unha prometedora oportunidade para que os Beta Israel puidesen realizar a súa Aliyah e así poder emigrar a Israel, segundo un plan xa ideado desde 1990.
No ano anterior o Goberno de Israel e as Forzas de Defensa de Israel, conscientes do empeoramento da situación política de Mengistu Mariam, realizou plans encubertos de transporte aéreo para o traslado dos xudeus etíopes cara a Israel. Isto converteuse na maior emigración de Beta Israel até a data.
En 36 horas, 35 avións da compañía aérea israelí El Al releváronse para transportar a 14.325 xudeus Beta Israel desde Etiopía a Israel.Ethiopian Jews and Israelis Exult as Airlift Is Completed
Esta operación rexistra a marca de número de pasaxeiros nun voo, con 1087 pasaxeiros transportados nun Boeing 747 de El Al. Os planificadores esperaron poder encher o avión con 760 pasaxeiros. Debido a que os pasaxeiros eran moi liviáns, moitos máis puideron subir a bordo.Cf. Lungen, Paul. Canadian Jewish News, November 17, 2005. Cinco bebés naceron durante os voos.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Naomi Samuel (1999). The Moon is Bread. Gefen Publishing House. Shmuel Yilma (1996). From Falasha to Freedom: An Ethiopian Jew's Journey to Jerusalem. Gefen Publishing House. Alisa Poskanzer (2000). Ethiopian Exodus. Gefen Publishing House. Baruch Meiri (2001). The Dream Behind Bars: The Story of the Prisoners of Zion from Ethiopia. Gefen Publishing House. Stephen Spector (2005). Operation Solomon: The Daring Rescue of the Ethiopian Jews. Oxford University Press. Ricki Rosen (2006). Transformations: From Ethiopia to Israel. Gad Shimron (2007). Mossad Exodus: The Daring Undercover Rescue of the Lost Jewish Tribe . Gefen Publishing House.
Outros artigos Beta Israel Operación Moisés Operación Xosué Aliyah
Categoría:1991 Categoría:Historia de Israel