O Falcon Heavy (FH) ("Falcón Pesado"), anteriormente coñecido como Falcon 9 Heavy, é un vehículo de lanzamento espacial pesado parcialmente reutilizable, deseñado e fabricado por SpaceX. O Falcon Heavy é unha variante do lanzador Falcon 9 e consiste nun núcleo de foguete Falcon 9 reforzado, con outros dous núcleos de Falcon 9 como foguetes aceleradores adicionais. Isto aumenta a carga útil da órbita terrestre baixa (OTB) a 64 toneladas, comparado coas 22,8 toneladas dun Falcon 9. O Falcon Heavy foi deseñado dende o principio para levar ós seres humanos ó espazo, permitindo misións con tripulación á Lúa ou Marte.

Despois da investigación do fracaso de Falcon 9 CRS-7 en 2015,  e dos repetidos atrasos no desenvolvemento de foguetes, o lanzamento do primeiro Falcon Heavy tivo lugar o 6 de febreiro de 2018. Despois do primeiro lanzamento a capacidade do Falcon Heavy ampliouse usando a tecnoloxía utilizada no desenvolvemento dos Falcon 9 Block 5.

Historial de lanzamentos Voo Data Carga Resultado Notas16 de febreiro de 2018Tesla RoadsterÉxitoPrimeiro voo dun Falcon Heavy.211 de abril de 2019Arabsat 6AÉxito325 de xuño de 2019DSX / FORMOSAT 7A / 7B / 7C / 7D / 7E / 7F / GPIM / OTB 1 / NPSat 1 / Oculus-ASR / Prox 1 / LightSail 2 / ARMADILLO / FalconSat 7 / E-TBEx A, B / PSat 2 / BRICSat 2 / Prometheus 2.6 / Prometheus Mass Model / TEPCE 1, 2 / CP 9 (LEO) / StangSatÉxito41 de novembro de 2022USA 339 / LDPE 2 / Tetra 1 / USUVL / LINUSS 1 e 2Éxito515 de xaneiro de 2023CBAS 2 / LDPE 3AÉxito61 de maio de 2023ViaSat 3.1 / Arcturus / G-Space 1Éxito713 de outubro de 2023PsycheÉxito828 de decembro de 2023X-37B OTV-7Éxito914 de outubro de 2024Europa ClipperÉxito929 de abril de 2026Viasat 3.3Éxito

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Falcon (foguetes) Falcon 1 Falcon 9

Ligazóns externas Páxina oficial

Categoría:Falcon Categoría:SpaceX