Juan Menéndez Fuertes, nado na Coruña en 1804 e finado na mesma cidade o 10 de febreiro de 1852, foi un escravista, empresario e político galego.

Traxectoria Juan Menéndez foi fillo de Felipe Menéndez, empresario de orixe asturiana, e a súa muller Teresa Fuertes. Pertencía a unha familia que se lucrarara co tráfico de escravos a Cuba. miniatura|Interior dun barco negreiro En 1823 emigrou a Cuba e consolidou unha gran fortuna grazas á trata tlansatlántica de persoas escravizadas. Na Habana rexistra a sociedade Gómez, Menéndez y Hermanos, cuxo obxectivo era a trata de africanos. Freta para África diferentes navíos: Teresa, Tránsito, Coruñés, El Volador, El Vigilante...

Instalouse na Coruña en 1837, onde se converteu na maior fortuna urbana. Orienta a súa actividade comercial cara á novos sectores. Envía emigrantes dende Galicia cara a Cuba, empregando barcos propios ou arrendados. Menéndez e os seus socios cobraban este servizo co traballo do emigrante por un período de cinco anos, respondendo deste compromiso cos bens que este posuía en Galicia.

Ademais diso foi socio dunha fábrica de vidros en Xixón chamada La Industrial. Posteriormente fundou outra fábrica de vidro na Coruña, chamada La Unión de Gijón, Avilés y Coruña.

En 1841 fundou tamén a compañía de seguros marítimos La Integridad. Foi vicepresidente da Xunta de Comercio en 1843 e 1847. Entre o 31 de marzo e o 20 de xullo de 1844 ocupou o cargo de alcalde da Coruña e o de senador vitalicio en 1847.

Tras a súa morte, Menéndez deixou numerosas propiedades en diversos lugares da costa galega. Os seus negocios pasaron a ser coñecidos pola firma Viuda de Menéndez, da que foron apoderados o seu fillo máis vello, Juan Menéndez, e máis Eusebio da Guarda, que acabou casando posteriormente con Modesta Goicouría, a viúva de Menéndez.

Vida persoal

Casou na Habana con Modesta Goicouría, filla de Valentín Goicouría, natural de Bilbao, e de María del Tránsito Cabrera, natural da Habana.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Alonso Álvarez (1986). Comercio colonial y crisis del Antiguo Régimen en Galicia, 1778-1818. A Coruña, Xunta de Galicia. Alonso Álvarez (1994). «Comercio exterior y formación de capital financiero: el tráfico de negros hispano- cubano, 1821-1868», Anuario de Estudios Americanos. Escuela de Estudios Hispano-Americanos. Sevilla, Consejo Superior de Investigaciones Científicas, 75- 92.

Categoría:Nados en 1804 Categoría:Alcaldes da Coruña Categoría:Empresarios de Galicia Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos Categoría:Finados en 1852 Categoría:Escravitude