A Agrupación Deportiva Unión Adarve é un equipo de fútbol español do barrio do Pilar da cidade de Madrid. Fundouse en 1992 e compite na Segunda División B. Ademais, a nivel formativo ten máis de 30 equipos en diferentes categorías masculinas e femininas do fútbol base da Comunidade de Madrid.

Historia A actual Unión Adarve foi fundada mediante a fusión de dous clubs do barrio do Pilar: a Agrupación Deportiva y Cultural Adarve, creada en 1992 por un grupo de pais, e a Unión Deportiva Barrio del Pilar, xurdida á súa vez de axuntar outras entidades de fútbol afeccionado do distrito de Fuencarral-El Pardo.​ Nos primeiros anos centrou a súa actividade no fútbol formativo madrileño, tanto en categoría sénior como nas diferentes divisións inferiores.

O debut do primeiro equipo en Terceira División tivo lugar na tempada 2007/08, ao ocupar a praza do desaparecido Club Deportivo Cobeña como mellor clasificado de Rexional Preferente. Con todo, esa experiencia saldaríase cun descenso como pechacancelas. A entidade non volvería a esa categoría ata o ano 2011/12, nesta ocasión como subcampión do grupo I no curso anterior, baixo a dirección de Lolo Escobar.​ O Unión Adarve asegurou a permanencia nese regreso, e a pesar de contar con escasos medios foi capaz de meterse en dúas promocións de ascenso a Segunda B: en 2013, na que foi eliminado polo Tropezón, e en 2014, na que foi eliminado polo Orihuela.

A partir de 2014, o banco roxinegro foi asumido por Víctor Cea, quen logrou a presenza na fase de ascenso por terceiro ano consecutivo. En todo ese tempo o equipo mantivo unha estrutura de equipo afeccionado, na que futbolistas e corpo técnico compaxinaban os seus cargos con outros empregos. Na tempada 2016/17, o Unión Adarve volvería meterse en playoff, e ao cuarto intento conseguiu un histórico ascenso á Segunda División B. Despois de deixar atrás ao Vilafranca e ao Tarazona, impúxose na última eliminatoria ao Atlético Malagueño para certificar o ascenso.

Uniforme Uniforme titular: Camiseta negra e vermella, pantalón branco e medias negras. Segundo uniforme: Camiseta verde, pantalón negro e medias verdes.

Estadio O Unión Adarve disputa os seus partidos como local no Polideportivo Municipal Vicente del Bosque, unha instalación municipal xestionada polo concello de Madrid que non permite o lucro de entidades privadas, polo que o Unión Adarve non pode cobrar entrada a ningún espectador nos seus partidos como local. O campo de fútbol é de céspede artificial, conta con aforamento para 1.000 espectadores e caracterízase pola presenza ao fondo do Cuatro Torres Business Area.

As categorías inferiores disputan os seus partidos en dúas instalacións situadas no barrio do Pilar. Os equipos a partir de alevíns, o xuvenil e o feminino xogan en Vereda de Ganapanes, mentres que os equipos benxamíns utilizan o Campo de Isla de Tabarca, preto da estación de Peñagrande, onde ademais está a sede social da entidade.

Datos do club Tempadas en 1ª: 0 Tempadas en 2ª: 0 Tempadas en 2ªB: 1 Tempadas en 3ª: 8

Historial por tempadas Tempada Categoría Posición Copa do Rei2006/07Preferente3º2007/083ª21º2008/09Preferente5º2009/10Preferente6º2010/11Preferente2º2011/123ª12º2012/133ª4º2013/143ª3º2014/153ª4º2015/163ª6º2016/173ª2º2017/182ªB2ª rolda

Palmarés Subcampión da Terceira División (1): 2016-17

Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web oficial

Union Adarve Unión Adarve