Temisat (acrónimo de Telespazio Micro Satellite) é un satélite artificial italiano lanzado nun foguete Tsiklon 3 desde o cosmódromo de Plesetsk o 31 de agosto de 1993 xunto co satélite Meteor-2 21.
Características Temisat foi construído por Kayser-Threde GmbH para a empresa italiana Telespazio SpA. Foi deseñado como primeiro elemento dun sistema comercial de dous satélites para recoller datos nas bandas VHF e UHF de estacións ambientais en terra e reenvialos a un destino final. O satélite tiña forma de cubo de 35 cm de lado e 42 kg de masa. Xeraba ata 65 watts de potencia mediante células solares, establizábase mediante xiro e tiña dúas memorias de 8,5 Mbyte a bordo cada unha para almacenar datos. A esperanza de vida do satélite era de entre 3 e 5 anos, pero fallou despois de algo máis dun ano en órbita. A segunda unidade ía lanzarse en 1995 pero finalmente quedou en terra e foi transferido á Universidade Técnica de Delft con propósitos educativos.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Tsiklon 3
Categoría:Satélites artificiais Categoría:Universidade de Tecnoloxía de Delft