Antonio María Nicolao Beduzzi, nado en Boloña en 1675 e finado en Viena o 4 de marzo de 1735, foi un pintor, escenógrafo e arquitecto italiano do barroco, posteriormente nacionalizado austríaco, que estivo activo en Viena a principios do século XVIII.Stevens, Ursula. "Antonio Peduzzi ". En Tessinerkuenstler-ineuropa.ch. 2016 (en alemán)"Beduzzi, Antonio Maria Nicolao". En Union List of Artist Names (en inglés)
Logo de pasar a súa infancia en Boloña, despois da súa graduación trasladouse a Viena, onde sucedeu a Lodovico Burnacini como arquitecto da corte vienesa en 1708.
Foi alumno de Giovanni Gioseffo dal Sole.
Obras miniatura|esquerda|Fresco do santuario de María Taferl Entre as súas obras máis representativas cómpre salientar as seguintes: O interior e o altar da abadía de Melk, logo da reconstrución barroca de Jakob Prandtauer."Escultura y arte en Melk". En Esculturayarte.com (en castelán)Cook, Thomas. Viena. Ed. Granica. Barcelona, 1997. Páxina 35 [ISBN 84-7577-362-1] (en castelán) A igrexa de San Leopoldo en Klosterneuburg, preto de Viena. O museo da catedral de Passau, en Viena. O proxecto para o teatro vienés Kärntnertortheater (actualmente Hotel Sacher). Os frescos de Landhaussaal no Palais Niederösterreich de Viena. O fresco na cúpula do Santuario de María Taferl que representa a asunción de María e oito escenas da súa vida. O fresco na bóveda da nave central do Santuario de María Taferl que representa a apoteose de San Xosé.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Wodarz-Eicher, Eva. Narrenweisheit im Priestergewand. Herbert Utz Verlag. Múnic, 2007 [ISBN 978-3-8316-0660-3]
Ligazóns externas Biografía de Antonio Beduzzi. Universidade de Innsbruck (en alemán)
Categoría:Nados en 1675 Categoría:Nados en Boloña Categoría:Finados en 1735 Categoría:Arquitectos de Italia do século XVIII Categoría:Pintores de Italia Categoría:Arquitectos de Austria Categoría:Arquitectura barroca Categoría:Pintura do Barroco