Edgar Barth, nado en Herold o 26 de xaneiro de 1917 e finado en Ludwigsburg o 20 de maio de 1965, foi un piloto Alemán (Alemán do leste ata 1957, posteriormente occidental) de Fórmula 1 e piloto de coches deportivos.
Traxectoria Comezou a súa carreira como piloto de motocicletas cunha DKW e máis tarde cambiou aos deportivos BMW. A fábrica alemá oriental de BMW converteríase na Eisenacher Motorenwerk (EMW) despois da guerra. Correu nestes coches de Fórmula 2 na Alemaña Occidental ata que a política impediuno. En 1957 emigrou a Occidente.
Barth gañou os Campionatos Europeos de Montaña de 1959, 1963 e 1964 para Porsche e tamén na Targa Florio de 1959.
Ademais das carreiras de Fórmula 2 con Porsche 718, tamén participou nas 24 Horas de Le Mans en numerosas ocasións.
Participou catro veces no Gran Premio de Alemaña, o último en 1964 para Rob Walker nun Cooper. Nove meses despois sucumbiu ao cancro e morreu, con 48 anos de idade, en Ludwigsburg.
O fillo de Edgar Barth, Jürgen Barth, converteuse en enxeñeiro de Porsche e tamén participou no automobilismo, gañando as 24 Horas de Le Mans de 1977.
Rexistro de carreiras
Resultados completos na Fórmula Un (Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.
Ano Equipo Chasis Motor 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 Pos. Pts Rennkollektiv EMW EMW R2 EMW 6 2.0 L6 ARX 500 NED BEL FRA GBR ALERet SUI ITA NC 0 Dr Ing F. Porsche KG Porsche RS550 (F2) Porsche 547/3 1.5 F4 ARX MON 500 FRA GBR ALE12 PES ITA NC 0 Dr Ing F. Porsche KG Porsche RSK (F2) Porsche 547/3 1.5 F4 ARX MON NED 500 BEL FRA GBR ALE6 POR ITA MAR NC 0 Dr Ing F. Porsche KG Porsche 718 Porsche 547/3 1.5 F4 ARX MON 500 NED BEL FRA GBR POR ITA7 USA NC 0 Dr Ing F. Porsche KG Porsche 787 Porsche 547/6 1.5 F4 MON NED BEL FRA GBR ALEWD NC 0 Porsche System Engineering Porsche 718 ITAPO USA R.R.C. Walker Racing Team Cooper T66 Climax FWMV 1.5 V8 MON NED BEL FRA GBR ALERet AUT ITA USA MEX NC 0
Notas
Véxase tamén
Categoría:Nados en 1917 Categoría:Nados en Saxonia Categoría:Finados en 1965 Categoría:Pilotos de Fórmula 1 de Alemaña Categoría:Pilotos de Fórmula 1 de Eisenacher Motorenwerk Categoría:Pilotos de Fórmula 1 de Rob Walker Racing Team Categoría:Pilotos de Fórmula 1 de Porsche Categoría:Pilotos das 24 Horas de Le Mans