Don Quijote foi unha revista satírica editada na cidade española Madrid entre 1892 e polo menos, 1902. Tiña unha tirada semanal e foi unha publicación satírica irreverente e anticlericalViñals (2014), p. 538 que tiña como lema: Traxectoria A revista, editada en Madrid, publicouse entre 1892 e, polo menos, 1902; tiña unha tiraxe semanal e, nos primeiros números, dúas páxinas na que unha delas contiñas as caricaturas de Eduardo Sojo «Demócrito»,Ramírez (2013), p. 358 o seu fundador e primeiro director. Posteriormente, foi dirixida por J. Osorio Pérez CastañónOsorio (1903), p. 319 e desde 1901, por Miguel Sawa.Ossorio (1903), p. 425

Foi precedida por unha publicación homónima, editada na Arxentina e na que tamén participou Sojo. Na versión española colaborou, entre outros, o debuxante Manuel Tovar e publicaron escritos Valle Inclán, Pío Baroja, Juan Ramón Jiménez, Ramiro de Maeztu ou Blasco Ibáñez.Ramírez (2013); p. 359

O 28 de xaneiro de 1898, Miguel Sawa publica un manifesto titulado "«A la juventud española" no que proclama o apoio da mocidade española á postura de Zola no "affaire Dreyfus".​

A duración da publicación é dubidosa pois mentres Ramírez e Viñals sinalan o ano 1902 como o derradeiro da revista e na Hemeroteca dixital da Biblioteca Nacional de España o derradeiro exemplar conservado se corresponde co do 26 de decembro de 1902, outros autores como Rubio lévano até 1903, e María Nieves Fernández García establece a publicación do primeiro exemplar no 9 de xaneiro de 1892 e o 5 de marzo de 1903, para o final.​

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Ossorio y Bernard, Manuel (1903). Ensayo de un catálogo de periodistas españoles del siglo XIX. Madrid: Imprenta y litografía de J. Palacios.

Categoría:Revistas españolas do século XIX Categoría:Revistas españolas do século XX Categoría:Revistas editadas en Madrid Categoría:Historia de España do século XIX Categoría:Historia de España do século XX Categoría:Prensa anticlerical