María Dolores Aurora Vidal Caramés, nada en Pontevedra o 23 de marzo de 1934, é unha mestra e escritora galega.

Traxectoria Filla de Xoán Vidal Martínez e María Josefa Aurora Caramés Monteagudo, nada en Vilar de Mato (Cequeril, Cuntis)Xoán Vidal , na web Xenealoxía.. Tivo tres irmáns e catro irmás, entre elas a tamén escritora Clementina Vidal Caramés, e foi sobriña da poeta Aurora Vidal Martínez.

En 1949 representou o papel protagonista dunha obra de teatro da súa tía, Camino de Belén. Estudou Maxisterio e en 1960 foi destinada a Icod de los Vinos, Tenerife. En 1970 estreouse a súa obra Belén Isleño no Teatro Guimerá de Santa Cruz de Tenerife, editado en 1982 e aínda representado decote no Nadal nas illas Canarias.

En 1984 regresou a Pontevedra, onde fundou e dirixiu unha aula de teatro escolar. Entre 1994 e 2004 formou parte da Coral Polifónica de Pontevedra.

Vida persoal

Casou en 1958 con Joaquín Sanmartín Carballeda

Obra Belén Isleño (1982) Niebla en la orilla (1988; prólogo de Carlos Acosta) De crepúsculo a crepúsculo (2005) Voz alzada (2008) Páxinas da memoria (2009) Xoán Vidal Martínez: vida e obra (Deputación de Pontevedra, 2009; xunto a Clementina Vidal Caramés) Derradeira proeza do Marqués de Bradomín pola que tomou parte nas súas exequias (2010) Citania (2011; con Clementina Vidal Caramés) Nivaria (2011)

Participación en escolmas Antología poética del Grupo Tambo (2000) Coroa literaria para Roberto Blanco Torres 47 poetas de hoxe cantan a Curros Enríquez

Notas

Categoría:Nados en Pontevedra Categoría:Nados en 1934 Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes