O aeroporto de Uagadugú é un aeroporto situado no centro de Uagadugú, a capital de Burkina Faso. Foi construído nos anos 60 e atópase a uns 1,5 quilómetros ao sueste da principal área comercial da cidade. Cando foi construído atopábase no extremo sur da cidade, pero Uagadugú dende entón experimentou unha rápida urbanización quedando o aeroporto rodeado. Ademais de ter superado a súa capacidade, o aeroporto é unha importante fonte de contaminación e riscos, polo que o goberno ten plans para construír un novo a 30 quilómetros ao norte da capital.
Aeroliñas e destinos Pasaxeiros
Carga
Notas
Véxase tamén
Uagadugú