Upper Atmosphere Research Satellite, máis coñecido polo seu acrónimo UARS, foi un satélite artificial da NASA lanzado no transbordador espacial Discovery na misión STS-48 desde o Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral o 12 de setembro de 1991.

Características A misión de UARS foi estudar a parte superior da atmosfera terrestre, entre 15 e 100 km de altura, incluíndo os procesos químicos e físicos que ocorren nese intervalo. Os instrumentos medían a estrutura interna da atmosfera e os efectos das influencias externas sobre ela, como a radiación solar, as condicións da troposfera e os campos eléctricos. Entre os obxectivos concretos de UARS estaban medir o balance de enerxía da atmosfera superior, a súa fotoquímica e dinámica e o acoplamento entre os seus diversos procesos.

O satélite estabilizábase nos tres eixos mediante volantes de inercia e a súa enerxía era proporcionada por un panel solar de 1,5 x 3,3 m que xeraba ata 1,6 kW de potencia que á súa vez alimentaba tres baterías de 50 Amperio-hora de capacidade cada unha. O sistema de propulsión funcionaba con hidracina e as comunicacións tiñan lugar en banda S mediante varias antenas de baixa ganancia e unha antena direccional de alta ganancia. UARS reentrou na atmosfera terrestre o 24 de setembro de 2011.

Instrumentos

UARS levaba os seguintes instrumentos a bordo:

Cryogenic Limb Array Etalon Spectrometer (CLAES) Improved Stratospheric and Mesospheric Sounder (ISAMS) Microwave Limb Sounder (MLS) Halogen Occultation Experiment (HALOE) High Resolution Doppler Imager (HRDI) Wind Imaging Interferometer (WINDII) Solar-Stellar Irradiance Comparison Experiment (SOLSTICE) Solar Ultraviolet Spectral Irradiance Monitor (SUSIM) Particle Environment Monitor (PEM) Active Cavity Radiometer Irradiance Monitor (ACRIM II)

Notas

Véxase tamén

Outros artigos STS-48

Categoría:Satélites artificiais