miniatura|Portada do Dares.

Dares Frixio é o suposto autor do libro De excidio troiae historia (Historia da destrución de Troia), tradución latina do século VI dun orixinal grego que trataba da Guerra de Troia.

No século II, Claudio Eliano dá a noticia de que con anterioridade á Ilíada atribuída a Homero houbo outra composta por Dares en lingua frixiaClaudio Eliano, XI, 2: texto inglés.. Este dato é inverosímil en cando á antigüidade da obra, pero permite supor que este autor se baseaba na existencia dun orixinal grego na súa época que podería ser logo resumido e traducido ao latín para obter como resultado a Historia da destrución de TroiaMaría Felisa del Bario Vega y Vicente Cristóbal López: Introducción al "Diario de la guerra de Troya" de Dictis Cretense y a la "Historia de la destrucción de Troya" de Dares Frigio, Gredos, Madrid, 2001, pág. 136. ISBN 84-249-2313-8..

No libro nárranse os feitos desde a visión troiana, e sometendo á Ilíada a unha revisión histórica que elimina toda intervención dos deuses, nun intento de verosimilitude, indicando como motivos rivalidades amorosas. Dicíase deste libro que era unha tradución latina da obra de Dares Frixio. Durante moito tempo atribuíuse a Cornelio Nepote, e dicíase que o dedicou ao historiador Salustio; pero a linguaxe do libro é moi posterior ao da época de Nepote, e talvez haxa que datalo no século V.

O libro deste suposto «Dares Frixio» senta un antecedente autónomo acerca da Guerra de Troia, independente á de Homero. Isto é o que fai a diferenza e a novidade sobre o asunto. Sobre este particular sustentáronse varias opinións respecto diso no ambiente dos estudos clásicos. O punto é que o autor romano compuxo en latín resumos en verso da Ilíada de Homero, destinados ao ensino como o faría calquera profesor de literatura. O dito fin pedagóxico pode detectarse debido ao ton didáctico.

O autor concentrouse en verter do grego ao latín textos perdidos que pretendían ser orixinais, inéditas e copiosas crónicas de primeira man da Guerra de Troia. Ditas "variacións" non son máis que emulacións das pasaxes homéricas, facendo paráfrases do sentido do texto orixinal.

Conta a versión dun combatente troiano (Dares o frixio) sobre a destrución de Troia, con testemuños supostamente coetáneos e auténticos de soldados que loitaron en Troia en bandos contrarios. Existe outra versión e temos outro nome co cal se denomina a identidade do autor romano: Dares (De excidio Troiae historia) e Dictis o Cretense (Ephemeris belli troiani). En realidade trátase de dous exercicios retóricos da Antigüidade tardía que nos presentan unha versión da lenda troiana allea ao imaxinario homérico.

O nome de Dares aparece na Ilíada como o dun sacerdote de Hefesto en TroiaHomero: Ilíada, V: texto español en Wikisource. Véxanse os vv. 9 - 30.. Na Eneida, Dares é o nome dun troiano que participa nos xogos fúnebres en honra de AnquisesVirxilio: Eneida, V, 370 - 374.. Con todo, non hai datos que permitan identificar estes personaxes co pretendido autor da obra literariaBario y Cristóbal: op. cit., pp. 137 - 138..

Na tradución ao castelán do Poema de Troia de Benoît de Sainte-Maure chamada Versión de Afonso XI, lese queIsto demostra tamén que na Idade Media se coñecía a versión Ilias latina, aínda que non se seguiu a Homero, senón a Dictis Cretense (s. IV) e a Dares Frixio (s. VI) ata que se fixo unha boa tradución do grego ao latín: a de Leoncio Pilato, terminada cara ao ano 1360.

A obra en España Na Biblioteca Nacional de Madrid (Sig.: MS/9847) consérvase un manuscrito adquirido por Serafín Estébanez Calderón en 1839, e entregado á mesma.

Non contén prólogo nin aprobacións. Entre 1596 e 1597, consegue o privilexio para a súa publicación, privilexio e libro que vende o 20 de xaneiro ao libreiro Juan García, de Alcalá de Henares. Neste libro puido basearse outro moi coñecido naquela época: o Libro de Alexandre, anónimo, escrito de forma amena como un libro de cabalarías.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos Dictis Cretense. Ligazóns externas Dares Frixio: Historia da destrución de Troia. Texto inglés no sitio Theoi; trad. de 1966 de R. M. Frazer, Jr. Texto francés no sitio de Philippe Remacle (1944 - 2011). O título de cada capítulo é rótulo activo que se pode empregar para cambiar ao texto latino. Texto latino no sitio de Philippe Remacle. O título de cada capítulo é rótulo activo que se pode empregar para cambiar ao texto francés. Comparación entre a obra Historia da destrución de Troia e o Libro de Alexandre. Universidade Complutense de Madrid.

Categoría:Personaxes da Guerra de Troia Categoría:Literatura antiga da Guerra de Troia