Brais Méndez Portela, nado en Mos o 7 de xaneiro de 1997, é un futbolista galego que xoga de centrocampista no Columbus Crew da Major League Soccer.
Traxectoria Brais Méndez pasou por varias canteiras, entre as que se inclúe a do Villarreal Club de Fútbol, antes de chegar ó Celta B. Co Celta B debutou o 7 de setembro de 2014 na Segunda División B fronte ó Real Murcia, e marcou o seu primeiro gol como sénior dous anos despois, o 4 de setembro de 2016, contra o Club Deportivo Palencia nunha vitoria por 3-1.
O 21 de setembro de 2017 fixo o seu debut co primeiro equipo, nun partido da Primeira División contra o Getafe Club de Fútbol. Posteriormente fíxose un oco no primeiro equipo celeste, e foi titular no partido que o Celta empatou a dous no Camp Nou fronte ó Fútbol Club Barcelona o 2 de decembro de 2017.
No verán de 2022 fichou pola Real Sociedad de Fútbol, coa que xogou a Liga de Campións da UEFA e acadou a Copa do Rei de fútbol 2025-26. En 2026 fichou polo Columbus Crew (Ohio).
Notas
Categoría:Nados en 1997 Categoría:Nados en Mos Categoría:Futbolistas da provincia de Pontevedra Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Xogadores do Celta de Vigo B Categoría:Xogadores do Celta de Vigo Categoría:Xogadores da Real Sociedad Categoría:Xogadores da selección de fútbol de España sub-17 Categoría:Xogadores da selección de fútbol de España sub-21 Categoría:Xogadores da selección de fútbol de España Categoría:Xogadores do Celta de Vigo internacionais coa selección de fútbol de España