Marián López Fernández Cao, coñecida tamén como Marián Cao, nada en Vigo o 5 de febreiro de 1964, é profesora e investigadora galega, especializada en arte, feminismo, arteterapia e inclusión social. Investigou os desequilibrios de xénero na arte e os museos e é impulsora do proxecto Museos en Feminino. Desde 2019, é Catedrática de Educación Artística da Universidade Complutense de Madrid. Ademais, é experta na artista Sonia Delaunay.

Traxectoria esquerda|miniatura|Marián López Fernández-Cao no 20 aniversario do Curso de Teoría Feminista dirixido por Celia Amorós e Ana de Miguel. Madrid, 2011.

Marián Cao estudou na Facultade de Belas Artes de Madrid onde se licenciou no ano 1987, e doutorouse no 1991 na Universidade Complutense de Madrid.

Como estudante predoutoral e investigadora fixo estancias longas na Akademie der Künste (Múnic), na Hochschule der Künste (Berlín), no Museum of Modern Art (Nova York), no Courtland Institute of Art (Londres) e posdoutoral na Universidade de Veracruz (México). Foi convidada para facer estadías de investigación e docencia nos Estados Unidos, Gran Bretaña, Alemaña, o Brasil e México, onde abordou temas da arte, inclusión e igualdades e arte coma terapia cunha implicación sempre no social e no xénero.

Posteriormente obtivo o Mestrado en Intervención Psicoterapéutica (2009) na UCM e unha Bolsa Fulbright posdoutoral.

Foi membro do colectivo de redacción da revista En Pie de Paz desde 1988 até a súa disolución en 2001 Imparte clases desde 1992 na Facultade de Educación na UCM e tamén no Mestrado de Estudos de Xénero e no Mestrado Erasmus Mundus Gemma, da Universidade de Granada.

Representa a UCMN no Europeam Consortium of Art Therapy Education (ECArTE) desde 2000 e tamén exerce de vicepresidenta desde 2017.

Cao foi directora do Instituto de Investigacións Feministas (2007-2011), impulsora e directora do mestrado en Arteterapia e educación Artística para inclusión social (2010-2014) do Servizo de Publicacións da Universidade Complutense.

Entre os anos 2012 e 2017 foi presidenta da Asociación Nacional Española Mulleres nas Artes Visuais (MAV).

De maneira paralela ao seu labor investigador, desenvolveu a súa faceta de debuxante producindo en formato de libro de artista numerosas obras con carácter ecolóxico e naturista. Proba diso son os libros presentados na Feira do Libro de Artista da Xunta de Castela e León, Librarte 2021. miniatura|Marián Cao na Feria Libro de Artista Librarte (Burgos, 2021)

Investigación Marián Cao dirixe o grupo de investigación Research Group EARTDI con quen firmou convenios con diferentes organismos e institucións en axuda a grupos vulnerables a través da arteterapia e a mediación cultural.

Foi directora dos seguintes proxectos de investigación:

Violencia e identidade de xénero. Análise da construción da identidade de xénero en relación a violencia en nenas e nenos de tres a doce anos a través da representación gráfica. Estratexias de cambio e mellora. (ref. 15/05, Plan Nacional do Instituto da Muller, 2005-2008). I+D Estudo de fondos museísticos desde a perspectiva de xénero (FEM2010-16670) (Plan Nacional I+D 2011-2014), ALETHEIA: Arte, Arteterapia, Trauma y memoria emocional (I+D Plan Nacional 2016-2019),​​​​ “Museoloxía e integración social: a difusión do patrimonio artístico e cultural do Museo do Prado a colectivos con especial accesibilidade” (Comunidade de Madrid, convocatoria pública para consorcios de grupos de investigación das universidades públicas do seu ámbito autonómico, 2016-2018) e varios contratos de investigacións, entre os que destaca “Contratación do estudo técnico dos bens culturais conservados en museos usuarios de domus desde unha perspectiva de xénero para a subdirección xeral de museos estatais” ref (65-2011) co Ministerio de Cultura español, entre outros. Tamén foi coordinadora do European project Divercity, un proxecto europeo creado pola Universidade Complutense de Madrid coa colaboración doutras institucións como o Museo Thyssen e Intermediae, sobre museos, cidade e diversidade. Creou a aplicación móbil "Madrid cidade das mulleres", por cuxo traballo obtivo o primeiro premio de transferencia do coñecemento en Humanidades e Ciencias Sociais 2017. Marian Cao é impulsora do proxecto Museos e Xénero creado no 2009 entre o Instituto de Investigacións Feministas da UCM, o Ministerio de Cultura e a asociación e-Mulleres que xerou Museos en Feminino centrado nos museos: Museo do Prado, Museo Nacional Centro de Arte Raíña Sofía, Museo Arqueolóxico Nacional e Museo do Traxe. É unha ferramenta de divulgación e docencia mediante itinerarios que analizan a arte desde a perspectiva de xénero. Participou na investigación do Autodiagnóstico MAV para a igualdade en museos e centros de arte, motivada como consecuencia da exposición do Museo do Prado Invitadas. Fragmentos sobre mulleres, ideoloxía e artes plásticas en España (1833.1931) e a necesaria reflexión sobre os contidos e a preparación das exposicións incluíndo ás expertas e investigadoras da arte con coñecementos de xénero. Tamén é autora do libro Contexto y Fundamentos teóricos publicado pola Asociación MAV en novembro do 2020.

Obras

LÓPEZ FDZ CAO, M. (2020) Arte, memoria y trauma: Aletheia, dar forma al dolor. Volumen II Intervenciones desde la terapia, imágenes de la herida. Madrid: Fundamentos. ISBN: 9788424513870 LÓPEZ FDZ CAO, M. y FERNÁNDEZ VALENCIA, A. (2019) “Museos en femenino: Un proyecto sobre igualdad, empoderamiento femenino y educación” Storia delle Donne, 14 (2018), DOI: 10.13128/SDD-25661 - CC BY 4.0 IT, 2018, Firenze University Press, pp. 103-124. LÓPEZ FDZ CAO, M.(2019) El arte abre ventanas. Re-construirnos a través del arte.Repensar la masculinidad. Madrid: Ed. Eneida, 2019 978-84-17726-07-2 LÓPEZ FDZ CAO, M.(2018) Aletheia, dar forma al dolor Volumen I: Sobre procesos, arte y memoria. Madrid, Fundamentos. ISBN: 978-84-245-1372-6 Para qué el arte: reflexiones en torno al arte y su educación en tiempos de crisis. Marián López Fernández Cao. (Madrid) Fundamentos, 2015. ISBN 978-84-245-1288-0. Mulier me fecit: hacia un análisis feminista del arte y su educación. Marián López Fernández Cao. (Madrid) Horas y Horas, D.L. 2011. ISBN 978-84-96004-42-9. Memoria, ausencia e identidad: el arte como terapia. Marián López Fernández Cao. (Madrid) Eneida, 2011. ISBN 978-84-92491-82-7. Käthe Kollwitz: (1867-1945) Marián López Fernández Cao. Ediciones del Orto,1997. ISBN 84-7923-175-0. Arteterapia. Marián López Fdz. Cao, Martínez Díez, N. Ediciones tutor, 2006 ISBN 9788479025557.

Colaboracións en obras colectivas

Arte, intervención y acción social: la creatividad transformadora. Coord. por Ana Carnacea Cruz, Ana Lozano Cámbara, 2013, ISBN 978-84-937730-2-1. De la función estética y pedagógica a la función social y terapéutica (arteterapia). Págs. 69-95. Marián López Fdz. Cao. Cómo hacer una sopa con piedras: el arte como herramienta de intervención y mediación social. Construyendo sociedades más creativas. Páxs. 97-127. Marián López Fdz. Cao. Sociología y género. Coord. por Capitolina Díaz Martínez, Sandra Dema Moreno, 2013. ISBN 978-84-309-5810-8. El mundo del arte, la industria cultural y la publicidad desde la perspectiva de género. Páxs.271-300. Marián López Fdz. Cao. Infancia, mercado y educación artística. Coord. por Ricardo Marín Viadel, 2011, ISBN 978-84-9700-658-3. Niños de cine: Apuntes sobre las películas dirigidas a la infancia tardía. Páxs. 89-108. Marián López Fdz. Cao. Género y paz. Coord. por María Elena Díez Jorge, Margarita Sánchez Romero, 2010, ISBN 978-84-9888-264-3. De la creación de las mujeres. Apuntes sobre paz, feminismo y creación. Páxs.151-158. Marián López Fdz. Cao.

Notas

Categoría:Nados en 1964 Categoría:Nados en Vigo Categoría:Profesores da Universidade Complutense de Madrid Categoría:Feministas de Galicia Categoría:Artistas feministas