Candelaria Pérez, nada en La Chimba (Santiago de Chile) en 1810 e finada na mesma cidade o 28 de marzo de 1870, foi unha militar chilena que participou na guerra contra a Confederación Perú Boliviana.
Traxectoria Filla dun artesán, estivo sendo educada curto tempo, pasando a ser empregada doméstica dunha familia procedente dos Países Baixos. Trasladouse ó Perú con dita familia, e despois, no Callao, abriu a que chamou 'Fonda da chilena'», especializada en pescado frito.
Participación na guerra Á chegada do Exército Unido Restaurador, ás ordes do xeneral Manuel Bulnes Prieto, despois do combate de Portada de Guías (21 de agosto de 1838), enrolouse no Exército de Chile. Amais de ser cantineira, participou na batalla de Yungay, que tivo lugar no cerro Pan de Azúcar o 20 de xaneiro de 1839, tras a cal obtivo o grao militar de sarxento polo valor amosado. En 1840, retornada a Chile, foi recibida con honras polo exército chileno e recibiu o grao de alférez e unha pensión vitalicia de 17 pesos mensuais, que non chegaban para os seus gastos básicos.
Morte Morreu en Santiago de Chile o 28 de marzo de 1870. Ó seu funeral asistiron só cinco persoas. Descoñécese o paradeiro das súas pertenzas militares, perdidas nos fondos do Museo Nacional de Chile.
Notas
Categoría:Nados en 1810 Categoría:Finados en 1870 Categoría:Nados en Santiago de Chile Categoría:Militares de Chile