Azul Linhas Aéreas Brasileiras é unha aeroliña brasileira con sede en Barueri, un suburbio da cidade de São Paulo. O seu modelo de negocio baséase en estimular a demanada proporcionando voos frecuentes e económicos en mercados pouco sevidos por todo Brasil. Foi creada o 5 de maio de 2008 por David Neeleman (fundador da aeroliña estadounidense JetBlue), cunha frota de 76 Embraer 195. A aeroliña comezou a operar o 15 de decembro do mesmo ano.

Segundo a Autoridade de Aviviación Civil do Brasil (ANAC), entre xaneiro e decembro de 2015 Azul operou o 17% dos voos domésticos e o 8% dos internacionais do país, sendo a terceira aeroliña máis grande do Brasil tras LATAM e Gol.

Historia David Neeleman, brasileiro criado nos Estados Unidos, que tamén foi o cofundador de WestJet e de Morris Air, tras afastarse da presidencia de JetBlue, aeroliña que tamén fundou, en marzo de 2008 anunciou os seus plans para fundar unha aeroliña de baixo custo no Brasil. Aínda sen un nome definido, a empresa xa tiña un pedido de 36 avións Embraer 195 con opción de 40 máis nun contrato estimado en 3 000 millóns de dólares.

Busca dun nome Para definir o nome da nova operadora aérea, Neeleman creou unha páxina web chamada "voceescolhe.com.br" onde o público podería rexistrar suxestións de nomes. Despois de rexistrarse case 110 000 usuarios, seleccionáronse as mellores opcións e iniciouse unha nova votación. Entre os finalistas estaban "Abraço", "Alegria", "Azul", "Samba" e unha gran variedade de nomes coa palabra Brasil que non puideron ser usados porque xa estaban rexistrados. Ademais do nome, tamén se fixeron enquisas para definir as cores dos avións, o tipo de servizo a bordo e o estilo dos uniformes dos tripulantes. Para chamar a atención do público, Neeleman anunciou que o primeiro internauta que suxerise o nome escollido gañaria un pase vitalicio na nova compañía con dereito a un acompañante.

Despois dun mes recollendo suxestións e votos, o nome elixido foi "Azul Linhas Aéreas Brasileiras", a pesar de non ter sido a opción máis votada. Neeleman xustificou a súa decisión dicindo que o nome "Azul" inspira sentimentos positivos, remite ao ceo e é máis neutro que "Samba", nome que de feito gañou nas votacións. Neeleman concedeu o premio tanto ao internauta que suxeriu o nome Azul como ao que suxeriu o nome Samba.

Comezo das operacións O 7 de novembro de 2008 a empresa recibiu da ANAC o Certificado de Homologación de Empresa de Transporte Aéreo. Así puido comezar a solicitar os Horarios de Transporte (HOTRAN), que son autorizacións para operación de transporte comercial aéreo no Brasil. No cadro executivo inicial atopábanse, entre outros, David Neeleman como CEO, Pedro Janot como presidente, Cmte Miguel Dau como COO/Vicepresidente técnico-operacional, Gianfranco Beting como director de mercadotecnia e John Rodgerson como vicepresidente financeiro. Azul iniciou a venda de billetes no día 4 de decembro de 2008.

O voo inaugural aconteceu o 15 de decembro de 2008, facendo a ruta entre Campinas e Salvador e, posteriormente no mesmo día, entre Campinas e Porto Alegre. No primeiro día de operacións a taxa de ocupación foi do 62%, igualando a media de ocupación para voos nacionais doutras compañías nese mesmo ano. En xaneiro de 2009 Azul xa operaba tamén rutas entre Campinas, Curitiba e Vitória e planeaba o inicio das operacións no Río de Janeiro, no aeroporto Santos Dumont. Nese mesmo mes Azul iniciou o serviço de autobús executivo para trasladar pasaxeiros entre o centro metropolitano de São Paulo e o aeroporto de Campinas, o seu centro de conexións operacional.

Aeroporto Santos Dumont Tras o inicio das operacións Azul solicitou facer a ruta entre Campinas e Río de Janeiro utilizando o aeroporto Santos Dumont, pero a solicitude foille denegada pola ANAC porque había unha ordenanza do antigo Departamento de Aviación Civil aínda en vigor na época que limitaba o tráfico de aeronaves no aeroporto. Só podían usar o aeroporto avións procedentes de dentro do estado de Río e turbohélices con 50 asentos ou menos. Polo tanto, debido aos avións da súa frota, Azul só podería operar en Río no aeroporto de Galeão.

Coa negativa da ANAC, Azul iniciou un proceso xudicial para obter o dereito de operar no aeroporto, xa que cumpría todas as normas de seguridade vixentes e a ANAC, segundo a lei que a fundou, non podería impedir a explotación comercial do aeroporto dentro desas condicións. A axencia viuse obrigada por decisión xudicial a volver a avaliar a petición de operación e acabou por eliminar a ordenanza que limitaba o aeroporto ao considerar que a industria aeronáutica e os pasaxeiros de Río beneficiaríanse máis sen esas limitacións.

A decisión da ANAC xerou unha forte oposición por parte do gobernados de Río, Sérgio Cabral Filho. No intento de protexer as operacións no aeroporto de Galeão, que estaba destinado á privatización, chegou a ameazar con aumentar o Imposto sobre Circulación de Mercadorias e Servizos (ICMS) do combustible e non renovar a licenza ambiental do aeroporto para evitar a operación das compañías aéreas.

Fusión de Azul e TRIP miniatura|250px|Embraer 190 de Azul coa librea de TRIP En maio de 2012 Azul e TRIP anunciaron unha fusión. TRIP era ata entón a maior aeroliña rexional de América Latina e xunto con Azul tiñan un 14% do mercado doméstico. Mentres agardaban pola aprovación da fusión por parte da ANAC e do CADE, as compañías operaron de forma independente con códigos compartidos, unindo as súas redes e o servizo a bordo. Como resultado, Azul pasou a ter un mercado maior na rexión norte e nalgúns aeroportos rexionais, como o aeroporto da Pampulha en Belo Horizonte, e pasou a ter voos dende o aeroporto internacional de Guarulhos.

A fusión foi aprobada pola ANAC en novembro de 2012 e polo CADE (Conselho Administrativo de Defesa Econômica) en marzo de 2013, a compañía resultante quedou co nome Azul e incluíu algunhas marcas visuais de TRIP, que deixou de operar con este nome. A aeroliña deixou un Embraer e un ATR coa librea de TRIP.

En outubro de 2012, mentres TRIP e Azul unían as súas operacións, o aeroporto de Campinas, que nese momento tiña a Azul como principal usuario cun 85% das operacións, tivo que pechar durante 46 horas horas por mor dun MD-11 de carga operado por Centurion Air Cargo que tivo unha avaría no tren de aterraxe no aeroporto. Como en Viracopos só había unha pista, as operacións tiveron que suspenderse ata a retirada do avión accidentado e a reconstrución das partes danadas da pista. Estímase que 25 000 pasaxeiros víronse afectados nos 495 voos cancelados. Azul chegou a interromper a venda de billetes próximas ao día do ocorrido.

Voos internacionais 250px|miniatura|Airbus A330 de Azul en Fort Lauderdale En setembro de 2014 Azul pasou a vender billetes cara Fort Lauderdale e Orlando. As operacións comezaron o 1 de decembro e o 15 de decembro, respectivamente. Para as rutas internacionais a compañía comezou a utilizar os novos Airbus A330.

Azul comezou a voar entre Belém do Pará e Caiena, capital da Güiana Francesa, o día 20 de agosto. A partir de decembro de 2015 Azul comezou a operar dende Viracopos cara Punta del Este.

En maio de 2016 a aeroliña comezou a operar dende Porto Alegre cara Montevideo e dende Viracopos cara Lisboa. No mes de decembro iniciou a ruta entre Recife e Orlando.

O 6 de marzo de 2017 a aeroliña comezou a realizar voos directos entre Belo Horizonte e Buenos Aires.

Ampliación das colaboracións O 11 de xuño de 2015 o consórcio "Gateway" liderado por David Neeleman, en colaboración con Humberto Pedrosa do Grupo Barraqueiro, foi o vencedor da privatización de TAP Portugal, asumindo o control do 61% do capital da compañía portuguesa. Azul non estaba involucrada no proceso do seu fundador, pero chegou a felicitalo nunha nota ofical para a prensa brasileira. miniatura|250px|ATR 72-600 de Azul O 26 de xuño de 2015 United Airlines anunciou a compra do 5% de Azul por 100 millóns de dólares, dándolle o dereito a un asento no consello de administración, unindo as redes das dúas compañías a través dun acordo de código compartido. O acordo aínda está agardando pola aprovación da CADE.

En agosto de 2015 Azul anunciou a retirada das aeronaves dos modelos ATR 42-500 e ATR 72-500 e a súa substitución e estandarización polo modelo ATR 72-600 para renovar a frota e adecuala á súa rede de rutas.

En setembro de 2015 Azul foi procesada pola Associação Brasileira das Operadoras de Turismo (Braztoa) por prácticas en contra da competencia ao limitar o acceso a tarifas máis baratas só á súa propia axencia de viaxes, Azul Viagens. O proceso impuxo unha multa a Azul de 1,4 millóns de reais por ocultar que a axencia pertencía ao mesmo grupo que a compañía. Finalmente, o proceso arquivouse pois segundo a interpretación do CADE non houbo ningunha conduta indebida.

O 24 de novembro de 2015, Azul confirmou a venda do 23,70% da empresa ao grupo chinés HNA Group, un conglomerado con diversas compañía da área da aviación que avaliou a Azul en máis de 7 billóns de reais. O investimento foi de 1,7 billóns de reais e deu dereito ao HNA Group a un asento no consello de administración.

Un dos requisitos do negocio co HNA Group foi que Azul tería que ser investidora direta de TAP Portugal, e o 21 de marzo de 2016 aempresa anunciou o investimento de 100 millóns de dólaresen títulos conversibles en accións preferenciais da TAP, facéndose con aproximadamente o 40% da aeroliña portuguesa. O anucio chegou despois de que Azul fose autorizada pola ANAC para voar semanalmente a Lisboa.

Frota En outubro de 2017 a frota de Azul Linhas Aéreas Brasileiras está formada polos seguintes avións:

+ Frota de Azul Linhas Aéreas BrasileirasAviónEn servizoPedidosPasaxeirosNotasCYTotalAirbus A320neo1043—174174Airbus A321neo—10TBAAirbus A330-2002—352082434—20251271Airbus A330-900neo—534264298ATR 72-6004010–7070Embraer E19010—–106106Embraer E19560—–118118Embraer E195-E2—30TBA20 dereitos de compra; as entregas comezarán en 2019Total12698

A aeroliña tamén opera dous Pilatus PC-12/45 para tarefas de loxística e apoio.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web da aeroliña

Categoría:Aeroliñas do Brasil