As invasinas son un tipo de proteínas asociadas coa penetración das bacterias nas células hóspede. As invasinas desempeñan un papel na promoción da entrada da bacteria na célula durante a fase inicial da infección.

Moitas bacterias entéricas como Yersinia, Listeria, Salmonella e Shigella, utilizan as súas invasinas para entrar nas células M das placas de Peyer do tracto intestinal, e desde alí aos tecidos subxacentes. No caso de Yersinia, a súa invasina únese a un conxunto de receptores de integrina beta1 localizados na membrana apical das células M de forma moi específica e efectiva. Estas moléculas poderían utilizarse terapeuticamente para o envío de moléculas ao interior das células, como xenes terapéuticos e vacinas baseadas en xenes.Palumbo RN, Wang C. Bacterial invasin: structure, function, and implication for targeted oral gene delivery. Curr Drug Deliv. 2006 Jan;3(1):47-53. PMID 16472093 En Chlamydia pneumoniae identificouse unha proteína invasina chamada Pmp21, que se une ao receptor de EGF para facilitar a entrada da bacteria na célula.

Obtívose a estrutura cristalina da invasina de Yersinia pseudotuberculosis, que mostra algunhas semellanzas con dominios da fibronectina que serven para unirse a integrinas, aínda que as dúas proteínas non están emparentadas.Hamburger ZA, Brown MS, Isberg RR, Bjorkman PJ. Crystal structure of invasin: a bacterial integrin-binding protein. Science. 1999 Oct 8;286(5438):291-5. PMID 10514372

A proteína está codificada no locus inv de Yersinia pseudotuberculosis. Se engadimos ese locus a unha cepa de Escherichia coli esta poderá penetrar en células Hep-2 en cultivo. En Yersinia enterocolitica a expresión de inv está influída pola fase de crecemento e a temperatura, chegando a un máximo durante a fase tardía exponencial-estacionaria inicial a 23 °C.Julie L. Badger e Virginia L. Miller. Expression of Invasin and Motility Are Coordinately Regulated in Yersinia enterocolitica. J. Bacteriol. Febreiro 1998 vol. 180 no. 4 793-800

En 2007, identificouse unha invasina fúnxica denominada Als3, que permite a Candida albicans infectar as células hóspede, polo que estas proteínas non son exclusivas das bacterias.

Notas

Categoría:Proteínas Categoría:Factores de virulencia