María Luisa Bartolomeu Núñez, nada en Vilarello (Cervantes) en 1956, é unha política e sindicalista galega.

Traxectoria Traballou como administrativa do Concello de Elx; e, en 1978 afíliase ó Partido Socialista Obrero Español. Tamén foi delegada sindical da Unión Xeral de Traballadores e membro do Executivo local do Baixo Vinalopó do PSPV-PSOE. Foi escollida deputada pola provincia de Alacant nas eleccións xerais de España de 1996.

Nas eleccións municipais en Elx de 2011 presentouse no terceiro lugar das listas do PSOE.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Congreso dos Deputados de España

Categoría:Nados en 1956 Categoría:Nados en Cervantes Categoría:Políticos do PSOE Categoría:Sindicalistas da UGT Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (VI Lexislatura) Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes