Annihilation é un filme británico-estadounidense de 2018 escrito e dirixido por Alex Garland. Baséase na novela homónima de Jeff VanderMeer. Está protagonizado por Natalie Portman, Jennifer Jason Leigh, Gina Rodriguez, Tessa Thompson, Tuva Novotny e Oscar Isaac, e conta a historia dun grupo de científicas que entran nunha zona en corentena chea de plantas e animais mutantes.
Foi estreado nos Estados Unidos por Paramount Pictures o 23 de febreiro de 2018, e noutros mercados o 23 de febreiro de 2018 por Netflix. Recibiu a aclamación da crítica polos seus efectos visuais, as interpretacións, a dirección e a historia.
Personaxes Natalie Portman como Lena Jennifer Jason Leigh como Dr. Ventress Gina Rodriguez como Anya Thorensen Tessa Thompson como Josie Radek Tuva Novotny como Cass Sheppard Oscar Isaac como Kane Benedict Wong como Lomax Sonoya Mizuno como Katie Mizuno como Humanoide David Gyasi como Daniel
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Categoría:Filmes de 2018 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes do Reino Unido Categoría:Filmes dirixidos por Alex Garland Categoría:Filmes rodados en Londres Categoría:Filmes de Paramount Pictures Categoría:Filmes de Netflix