Marta Gil González, nada en Lalín en 1986, é unha oceanógrafa galega.
Traxectoria Investigadora do Departamento de Ecoloxía e Bioloxía Animal da Universidade de Vigo, licenciada en Ciencias do Mar e doutora en Taxonomía. No 2017 publica na revista Zootaxa, con Fran Ramil, a descuberta de catro novas especies de hidrozoos como un dos resultados da colaboración dentro do proxecto EcoAfrik de estudo da fauna bentónica de augas profundas nas costas de África.
A científica lalinense descubriu catro especies do xénero Diphasia: Diphasia anaramosae, Diphasia saharica, Diphasia africana e Diphasia leonisae, chamada así en homenaxe a súa avoa Leonisa. As descubertas foron froito dos datos recollidos en once campañas oceanográficas realizadas no noroeste de África, dende o estreito de Xibraltar ata a fronteira sur de Guinea-Conakry, entre os anos 2004 ao 2012.
Notas
Categoría:Nados en Lalín Categoría:Nados en 1986 Categoría:Profesores da Universidade de Vigo Categoría:Alumnos da Universidade de Vigo Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Científicos de Galicia