Os Xogos Píticos foron un do catro Xogos Panhelénicos cos de Olimpia, os Xogos Nemeos e os Xogos Ístmicos. Foron realizados no santuario de Delfos, e eran consagrados a Apolo; dábase como premio unha coroa de loureiro.

Orixe mítica miniatura|Apolo matando a Pitón, obra de Cornelis de Vos. Madrid, Museo do Prado. A competición debe o seu nome ao lugar, que se chamaba Pito, ben polas preguntas (punthanesthai) que lle facían os visitantes do oráculo, ben porque o animal que alí morreu estaba a podrecerse (punthesthai)Plutarco, La E de Delfos 2 (385B)Himnos Homéricos: III a Apolo 363..

Como os outros grandes xogos, tamén na súa orixe eran uns xogos fúnebres (agon epitaphios). Hai diferentes tradicións sobre a súa orixe mítica: A máis difundida relata que os implantou o propio Apolo, tras matar a Pitón e colocar os seus ósos nun caldeiro dentro do seu temploOvidio, Las metamorfosis I,445; Higino, Fábulas 145.. Unha variante desta tradición sinala que Apolo foi enviado por Zeus ao val do Tempe (Tesalia) a purificarse por esta morte e regresou a Delfos para apoderarse do oráculo cunha coroa de loureiro de Tempe e unha rama na súa man dereita. Por iso aos vencedores dos Xogos Píticos premiábanos cunha coroa de loureiroClaudio Eliano, Historias curiosas III,1.. Pausanias relacionaba o premio do loureiro, en cambio, co relato mítico de Apolo e Dafne.

Unha tradición alternativa dicía que os fundou Diomedes en honra de Apolo e outra versión indica que os xogos se celebraban en honra de Neoptólemo, fillo de Aquiles, que fora asasinado no templo de Apolo Pitio por OrestesPausanias II,32,2.Heliodoro, Etiópicas II,34,3..

Inicios Nos primeiros tempos celebrábanse cada 8 anos. Este ciclo de 2.920 días correspondía exactamente a 99 lúas e representaba un moi longo ano.

Estes primeiros xogos consistían unicamente nun concurso musical, onde cada candidato cantaba un himno en honra de Apolo, acompañándose dunha lira. O primeiro vencedor foi Crisótemis de Creta, fillo de Carmanor. Despois de Crisótemis cítase como vencedor a Filamón e despois a Támiris. Así o comenta Pausanias, que engade que Hesíodo non puido tomar parte na proba porque non se sabía acompañar coa cítara, e que Homero non participaba porque era cegoPausanias X,7,2-3..

Os Xogos Píticos tomaron a súa forma definitiva despois da chamada primeira guerra sacra: cara ao -595 os habitantes da veciña Cirra querían controlar o rico santuario de Delfos. Os habitantes de Delfos pediron axuda aos anfictións, un grupo de 12 etnias relacionado inicialmente co culto a Deméter en Tesalia. Cirra foi vencida e os anfictións pasaron a administrar o santuario a partir de -590.

No -586 os anfictións que dirixían o santuario repartiron xunto aos premios para a citarodia, o canto con acompañamento de cítara, premios para a aulodia, canto con acompañamento de óboe (aulos) e para óboe sóPausanias X,7,4.. Nese ano, Sacadas de Argos gañou esta competición co «nomo pítico», canto no cal se escenificaba con sons a loita de Apolo contra PitónPseudo-Plutarco, Sobre la música 1134-A; Pausanias X,7,4; II,22,8; Pólux IV,84,3-4; Estrabón IX,3,10..

Comezo oficial miniatura|Vista do estadio de Delfos utilizado nos Xogos Píticos. Os chanzos da esquerda foron engadidos na época romana. miniatura|Os Xogos Píticos incluían carreiras de carros. O Auriga de Delfos representa un dos vencedores desta carreira. Segundo a Crónica de Paros, en -590 xa tivo lugar un agon gymnikos khrematites, é dicir, unha competición ximnástica con premios de gran valor procedentes de botíns de guerra, pero desde -582 foi un agon stephanites, unha competición cunha coroa de loureiro como único premio para o vencedorCrónica de Paros A 37-38.. Esta data marca o comezo oficial da era dos Xogos Píticos.

Desde entón celebráronse cada 4 anos. Tiñan lugar no mes de bucatio, o segundo do calendario délfico (agosto-setembro), o terceiro ano de cada Olimpíada, posto que estas tamén eran festas «pentéricas», como as Píticas, que se celebraban cada 4 anos. Desde o século -IV no mes de heraios (outubro).}} A tregua sacra Antes do inicio dos xogos uns heraldos (teoros) percorrían o mundo grego para proclamar a tregua sacra, que permitía que os gregos asistisen aos xogos con total inmunidade, mesmo en tempo de guerra. Existía para iso un período sacro, cuxa duración exacta se descoñece, que preservaba aos teoros e aos participantes de toda acción bélica. Se unha cidade non aceptaba someterse a esta norma quedaba excluída da participación nos Xogos Píticos e se, tras aceptala, violaba a tregua, debía afrontar importantes multas e os seus representantes eran expulsadosRaúl Buono-Core Varas, La neutralidad y la tregua sagrada en Grecia: ¿actos diplomáticos?, pp.155-158, en revista Limes nº 19 (2007), ISSN 0716- 5919..

Eventos e desenvolvemento dos Xogos Rituais Os xogos duraban varios días. Os primeiros dedicábanse aos sacrificios, ás procesións dos teoros, sacerdotes e participantes ao altar de Apolo para ofrecerlle unha hecatombe, e a un banquete. Poida que tamén se celebrase unha representación, en forma de drama sacro, da loita de Apolo contra o dragón (o primeiro día, o 6 de bucatio).

Desde un período moi antigo celebrábase a festividade do Estepterio ou SepteriónComesaña López, Ana María (2016), Estudio sobre la fiesta y el culto griegos en las Vidas paralelas de Plutarco , pp.231-232, tesis doctoral, Universidad de Murcia.. Nas Cuestións gregas Plutarco relaciona esta festividade cunha representación da loita entre Pitón e Apolo. Apolo, despois de matar o dragón, fuxiría ao val do Tempe para ser purificado ou ben sería Pitón quen, unha vez ferido, fuxiu e Apolo seguiuno, alcanzándolle no momento en que morría e cando o seu fillo, chamado Aix (a cabra), estaba a enterraloPlutarco, Cuestiones griegas 12.. Noutra pasaxe, Plutarco indica que estes ritos eran realizados para aplacar as iras dos démones por esta mortePlutarco, Sobre la desaparición de los oráculos XV..

Claudio Eliano menciona leste mesmo ritual sinalando que se celebraba en conmemoración da purificación de Apolo pola morte de Pitón, polo que un grupo de nobres delfios ían ao val do Tempe cada 8 anos, onde realizaban sacrificios e trenzaban coroas de loureiro e logo regresaban a Delfos por un camiño que se denominaba «ruta pítica» escoltados por habitantes das rexións que atravesaban. Un relato de Heliodoro describe unha procesión, así como sacrificios e un banquete, que eran realizados polos enianes que viñan de Tesalia para honrar a NeoptólemoHeliodoro, Etiópicas II,34,3; II,35,2-3.. Na procesión conducíanse os animais destinados aos sacrificios; ían tamén raparigas tesalias con canastras de flores, froitas, pasteis e perfumes, que ademais danzaban e cantaban; tamén desfilaban efebos dacabaloHeliodoro III,1,5-III,3,3; III,6,1.. Concursos musicais e poéticos Posteriormente tiñan lugar concursos musicais no teatro: poemas acompañados con cítara (poema cirédico), unha longa peza de frauta que conmemoraba os 5 episodios da loita contra o dragón (nomo pítico), un só de frauta e de cítara, concursos de poesía, representacións tráxicas e espectáculos de danzaEstrabón IX,3,10..

Cos anos instauráronse outras competicións musicais: intérpretes de cítara (sen canto), para coros cíclicos (para ditirambos, e o coro formado en círculos), para actores de traxedia e comediaPausanias X,7,7..

Nalgunha época celebráronse tamén concursos de pintoresPlinio el Viejo XXXV,35..

Durante o Imperio romano engadiuse a proba de encomio (poema de encomio) tanto en verso como en prosa, e unha proba de pantomima. Igualmente houbo a competición para trompeteiros e heraldos.

Un destacado citaredo foi Aristónoo que chegou a obter seis vitorias nos Xogos PíticosPlutarco, Vida de Lisandro 18.. Concursos xímnicos Despois das competicións musicais celebrábanse as competicións deportivas: estadio, carreira longa (dólico, 24 estadios de 178 metros), carreira dobre (diaulo, de dous estadios), pancracio, loita, puxilato, carreira con armas, péntatlon (cada atleta presentábase ás probas de carreira, salto de lonxitude, loita, lanzamento de disco e de xavelina)Plutarco, Charlas de sobremesa II,4.Píndaro, Píticas XI.Pausanias X,7,5.Pausanias VI,16,4; Píndaro, Píticas X.Pausanias VI,4,6.Pausanias VI,15,10; Píndaro, Píticas VIII.Píndaro, Píticas IX..

Pausanias cita a Ecmeas de Parapotamios como o primeiro vencedor dos primeiros xogos que organizaron os anfictións, na proba do puxilato infantilPausanias X,33,8.. miniatura|Teáxenes recibe a palma de honra, entregada por Cariclea. Óleo sobre lenzo pintado cara a 1626 por Abraham Bloemaert. A carreira de armas organizouse por vez primeira na 23º Pitiada, na que venceu Timéneto de FliuntePausanias X,7,7.. Un relato novelesco do desenvolvemento dunha carreira de armas nos xogos foi narrado por Heliodoro, no que venceu Teáxenes e recibiu unha palma como premio de mans da súa amada CaricleaHeliodoro, Etiópica IV,1..

Tamén instituíron o pancracio para mozosPausanias X,7,8.. Concursos hípicos Tras as competicións ximnásticas desenvolvíanse os concursos hípicos: as carreiras de cabalos, de carro con catro cabalos (cuadrigas) e con dous cabalos (bigas)Sófocles, Electra 690..

O primeiro vencedor destas competicións foi Clístenes de SiciónPausanias X,7,6..

Un relato do desenvolvemento dunha ficticia carreira de carros nestes xogos nárrase na traxedia Electra, de Sófocles, na que Orestes compite contra outro nove carros e morre de maneira accidental, pero tratábase dun engano para facer crer a Clitemnestra que o seu fillo morreraSófocles, Orestes 690-756..

A famosa estatua do Auriga de Delfos, que formaba parte dun grupo escultórico maior, representa a un gañador da carreira de cuadrigas dos Xogos Píticos. Segundo unha inscrición, foi dedicado por Polizalo, tirano de Gela. Discútese se Polizalo foi o vencedor ou se foi unha dedicatoria en honra do seu irmán Hierón, cuxas vitorias están documentadas a través de poemas de PíndaroCarmen Sánchez, Una nueva mirada al arte de la Grecia antigua, p.206, Madrid: Cátedra (2006), ISBN 84-376-2328-6. e Baquílides.

Na 48º Pitiada engadiuse a carreira de bigas, onde gañou Execéstides de Fócida. Por outra banda, na 53º, incluíuse a carreira de cuadrigas con poldros, onde venceu Orfondas de TebasPausanias X,7,7.. Tamén instituíron a carreira de biga con poldros e a carreira montado dacabalo.

As competicións hípicas dos xogos realizábanse no hipódromo que se achaba nunha chaira que se achaba nas proximidades de CirraPausanias X,37,4.. Outros aspectos dos xogos Introduciuse unha nova categoría, os «imberbes» (ageneioi), cuxa idade se situaba entre a categoría xuvenil e a adulta.

Rexístranse vitorias de mulleres pero descoñécese se a participación das mulleres nestes xogos tiña carácter habitual ou era esporádicaFernando García Romero, El deporte femenino en la Antigua Grecia, pp.15-16..

Á marxe das competicións tiñan lugar outras manifestacións: o famoso actor Sátiro (século -IV) deu unha representación das bacantes de Eurípides. Os actores profesionais, agrupados na Tekhnitai de Dioniso, desempeñaban un papel importante nos agones (agones) musicais.

Do mesmo xeito que en Olimpia, se compilaron unhas listas cos nomes dos pitiónicos (pythionikai), os vencedores dos Xogos Píticos. Cando un terremoto destruíu os arquivos en -373, encargóuselle a Aristóteles refacer as listas. Co seu discípulo Calístenes, acometeu a tarefa e foron honrados nun epígrafe que aínda se conservaJean Bousquet, Delphes et les «Pythioniques» d'Aristote, en Revue des Études Grecques (1984) Vol. 97, nº 462, p.374..

Os vencedores recibían unha coroa de loureiro, a árbore de Apolo, aínda que, segundo un relato de Ovidio nos xogos máis primitivos premiouse aos vencedores con coroas de aciñeiraOvidio, Las metamorfosis I,448.. Os premios asignábaos o consello da anfictionía, que era tamén quen organizaba os xogos. Os epimeletas encargábanse de dirixilosPlutarco, Charlas de sobremesa II,4; VII,5..