Teresa Orjales Vidal, nada na Coruña o 16 de marzo de 1964, é unha diplomática e avogada galega.

Traxectoria Licenciouse en Dereito en 1991 e axiña ingresou na carreira diplomática. Como diplomática, os seus primeiros destinos foron nas representacións españolas en Finlandia, Turquía e ante a Organización do Tratado do Atlántico Norte (OTAN) situada en Bruxelas (Bélxica).

Logo durante estes anos foi xefa de servizo, xefa de área e subdirectora de Comunicación Exterior na Oficina de Información Diplomática; voceira asesora no Gabinete da ministra e do Ministerio de Asuntos Exteriores e de Cooperación; en 2011 pasou a ser directora do gabinete da Presidencia do Congreso dos Deputados, ata que posteriormente exerceu de voceira asesora na Dirección Xeral de Asuntos Europeos e Cooperación co Estado.

No mes de febreiro de 2017, trala aprobación por parte do Consello de Ministros, foi nomeada como a nova embaixadora do Reino de España na República de Estonia. Vida persoal

É filla do xurista e sociólogo Mario Orjales Pita.

Notas

Categoría:Nados en 1964 Categoría:Nados na Coruña Categoría:Avogados da Coruña Categoría:Embaixadores de España en Estonia Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes