Lito (Manuel) Vila Baleato, nado en Alemaña o 30 de xaneiro de 1978, é un profesor e escritor galego.

Traxectoria Fillo de emigrantes galegos, medrou no barrio de San Pedro de Santiago de Compostela, cidade na cal estudou Filoloxía Alemá e Hispánica na USC. Despois de rematar os seus estudos con estancias grazas a bolsas Erasmus na Universität Paderborn e na University of Manchester, volveu emigrar a Alemaña, onde impartiu clases varios cursos na mesma universidade na que fora estudante de intercambio, antes de pasar ao ensino secundario, onde exerceu o seu labor docente durante case dúas décadas.

Dende o ano 2022 reside de novo en Galicia, onde compaxina a docencia no ensino secundario coa súa tarefa creativa como escritor.

En Alemaña ten publicado numeroso material didáctico, varios libros de texto de Español como Lingua Estranxeira (Encuentros, A tope, Apúntate, Punto de vista) para educación secundaria e diferentes lecturas graduadas para escolares, así como público xuvenil e adulto nas editoriais Cornelsen Verlag, Circon Verlag e Editorial Pons.

Durante moitos anos escribiu o blog La generación de la burbuja en El Correo Gallego para describir a súa visión de feitos actuais dende a súa perspectiva como emigrante en AlemañaLa generación de la burbuja , blog de Lito Vila..

En 2018 apareceu a súa primeira novela en lingua galega Campus MorteCampus Morte, na web de Editorial Galaxia., que foi a obra gañadora do XV Premio Frei Martín Sarmiento na categoría de bacharelato e adultos. Obras

Novela negra: Campus Morte (2018). Vigo: Editorial Galaxia. 184 páxs. ISBN 978-84-9151-164-9.

Lecturas graduadas para estudantes de Español como Lingua Estranxeira: El misterio de las mascotas (2012). Cornelsen Verlag. Aventuras de verano (2012). Cornelsen Verlag Tú no sabes quién soy (2013). Cornelsen Verlag. ¡Déjame en paz! (2013). Cornelsen Verlag. El secreto de mi padre (2015). Cornelsen Verlag. ¿Y ahora qué? (2015). Cornelsen Verlag. Un vecino muy raro (2018). Cornelsen Verlag. La casa amarilla, 5-Minuten Lektüren Spanisch A2 (2019). PONS. El verano de mi vida (2019). Cornelsen Verlag. ¡Desconecta! (2019). Cornelsen Verlag Tapas y más, 5-Minuten Lektüren Spanisch A1 (2019). PONS. Tres meses en México (2019). Cornelsen Verlag. ¿Cuándo empieza el futuro? (2020). Cornelsen Verlag. Otro yo en Argentina (2021). Cornelsen Verlag. Un beso de verano, 10-Minuten Lektüren Spanisch B1 (2021). PONS. Más que amigos (2021). Circon Verlag. El otro camino (2022) Cornelsen Verlag. Las gallinas de mi tía Yolanda (2022), Ed. Circon Verlag. El encuentro - Spanisch lernen mit Anna (2022), Ed. PONS. Desaparición en Barcelona (2023), Ed. Circon Verlag. Muerte en el motel – Lernkrimi (2023), Ed. Circon Verlag. Y, ¿dónde está Pau? (2024) Cornelsen Verlag

Outros

S.D. Compostela 1962-2022. 60 anos de sentimento branquiazul (2022). Coa coautoría de César Vila Baleato. Editado por Teófilo Edicións. Recompílase a historia da entidade a través de 600 fotografías, estatística e anécdotas. Campo de estrelas, SD Compostela (coautor xunto a César Vila Baleato e Iván Suárez)

Premios 2019 - XV Premio Frei Martín Sarmiento - Campus morte, Editorial Galaxia.

2021 - IX Concurso de Micro-relatos OZOCOgz, Vida, Segundo premio

2022  - X Concurso de Micro-relatos OZOCOgz, Segredo, Primeiro premio .

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Presentación de "Campus Morte" na Libraría Couceiro en Santiago de Compostela Novela negra en Compostela: Entrada do blog "La generación de la burbuja" sobre "Campus morte" Entrevista Maria Couceiro en RadioVoz recomendando "Campus Morte" Manuel Gutiérrez entrevista a Lito Vila Baleato autor de “Campus morte“ en Radio Nacional de España "Santiago es el escenario ideal para una novela negra" , Lito Vila Baleato, 1001 caras de Compostela Roteiro baseado na obra Campus Morte de Lito Vila Baleato Por Jesús

Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Nados en Alemaña Categoría:Nados en 1978 Categoría:Escritores de Alemaña Categoría:Nados na diáspora galega