miniatura|250px|Plano do complexo de lanzamento de Wallops Island. Wallops Island é un complexo de lanzamento da NASA usado principalmente para lanzar foguetes sonda e foguetes espaciais da familia Scout. Tamén dispón dunha zona desde a que facer lanzamentos aéreos de foguetes Pegasus. Entre 1985 e 2005 o complexo viu disminuida a súa actividade por falta de lanzamentos orbitais e pola escaseza de lanzamentos de foguetes sonda, pero en 2006 o reacondicionamento das instalacións permitiu retomar a actividade orbital co lanzamento do primeiro foguete Minotaur.
O complexo ten a súa orixe na decisión da NACA (a antecesora da NASA) de crear unhas instalacións en Wallops para facer investigacións aeronáuticas con foguetes. O primeiro lanzamento desde Wallops Island tivo lugar o 4 de xullo de 1945.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Scout Scout A Scout B Scout B1 Scout D1 Scout E1 Scout F1 Scout G1 Scout X1 Scout X-3A Scout X-3C Scout X-3M Scout X-4 Scout X-4A Scout X-5C Pegasus (foguete)
Categoría:Cosmódromos Categoría:Estados Unidos de América