Anja Andersen, nada en Odense o 15 de febreiro de 1969 é unha ex xogadora e adestradora dinamarquesa de balonmán.

Traxectoria Andersen é coñecida pola súa habilidade como xogadora ofensiva, ademais do seu forte temperamento e coraxe. Foi unha parte importante no renacemento do balonmán dinamarqués na década de 1990. Xogou 133 partidos coa selección dinamarquesa e marcou 726 goles.

Retirouse como xogadora en 1999 a causa dun problema cardíaco.

Categoría:Nados na rexión de Syddanmark Categoría:Nados en 1969 Categoría:Xogadores de balonmán olímpicos de Dinamarca Categoría:Adestradores de balonmán Categoría:Medallistas olímpicos en balonmán Categoría:Xogadores de balonmán nos Xogos Olímpicos de 1996 Categoría:Medallistas olímpicos de ouro por Dinamarca Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 1996