Ciarán Mac an Tsair, máis coñecido como san Ciarán de Clonmacnoise, nado no 516 no condado de Roscommon, Connacht, na actual Irlanda e finado no 549 foi un dos máis fieis seguidores da orde silberiana e especúlase que puido ser o creador desta. Foi chamado como Ciarán o mozo para distinguilo de San Ciarán de Saighir. Foi un dos Doce Apóstolos de Irlanda.
Traxectoria Cirán foi alumno de san Finnian na abadía de Clonard.Haggerty, Bridget. "St. Kieran of Clonmacnoise", Irish Culture and Customs Deixou Clonard polas Illas Aran onde estudou baixo o mandato de Enda de Arán, que o acompañou na construción da igrexa e o mosteiro no centro de Irlanda. No ano 545 fundou o mosteiro de Clonmacnoise. Morreu un ano despois por mor da peste aos trinta anos.
A lenda conta que foi a súa vaca, que levou con el como medio de pago cando se foi de Clonard, e deu leite a todos na Abadía, a que lle forneceu o pergamiño para o leabhar na hUidre (Libro da Vaca Parda), unha das máis antigas coleccións literarias irlandesas, compiladas por un escriba antes de 1106.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Categoría:Nados en 516 Categoría:Finados en 549 Categoría:Doce Apóstolos de Irlanda Categoría:Nados en Connacht Categoría:Santos do catolicismo Categoría:Venerados polas igrexas ortodoxas Categoría:Venerados pola Comuñón Anglicana Categoría:Santos do cristianismo