A 58ª edición da Volta ao País Vasco (en éuscaro: Euskal Herriko 58. Itzulia, oficialmente: 2018 Itzulia Basque Country) foi a carreira ciclista por etapas que percorreu o País Vasco do o 2 ao 7 de abril de 2018.

Como é habitual, a carreira estivo formada por cinco etapas en liña e unha contra reloxo individual. Comezou en Zarautz, Guipúscoa e tras 819,9 quilómetros de percorrido rematou no epicentro do ciclismo vasco, a tamén guipuscoana vila de Éibar. A etapa raíña foi a sexta e final, co mítico ascenso a Arrate en Éibar para pechar a rolda vasca.

Esta carreira foi a décimo cuarta proba do UCI WorldTour 2018. Nesta edición houbo diversos cambios na carreira. Ademais de mudar o seu nome oficial, tamén se variaron as clasificacións secundarias. O maillot azul que antes era para o mellor das metas voantes pasou a ser para a nova clasificación dos máis xoves, mentres que o xersei dos puntos pasou de ser de cor branca a verde. O xersei de fondo vermello con puntos brancos da montaña continuou a ser o mesmo.

O vencedor xeral da volta foi o esloveno Primož Roglič que aproveitou a súa supremacía na modalidade contra o reloxo para impoñerse aos seus rivais máis directos. Ademais fíxose co xersei verde da clasificación dos puntos. Completando os caixóns do podio acabaron dous locais: no segundo lugar o alavés do Movistar Mikel Landa e na terceira praza o guipuscoano do Bahrain-Merida Ion Izagirre.

No resto de clasificacións os gañadores foron os seguintes: Carlos Verona na clasificación da montaña, Enric Mas na dos xoves e o Movistar Team entre os equipos.

Equipos Este ano na proba ciclista vasca correron 22 equipos (os 18 da máxima categoría e 4 Profesionais Continentais) de 7 corredores, o que sumou un pelotón inicial 154 ciclistas.

EquipoCódigoCategoría AG2R La MondialeALMUCI WorldTour AstanaASTUCI WorldTour Bahrain-MeridaTBMUCI WorldTour BMC Racing TeamBMCUCI WorldTour Bora-HansgroheBOHUCI WorldTour Burgos BHBBHProf. Continental Caja Rural-Seguros RGACJRProf. Continental CofidisCOFProf. Continental Team Dimension DataDDDUCI WorldTour EF Education First–DrapacEFDUCI WorldTour Euskadi Basque Country–MuriasEUSProf. Continental Team Katusha-AlpecinKATUCI WorldTour Groupama-FDJGFCUCI WorldTour Team LottoNL-JumboTLJUCI WorldTour Lotto-SoudalLTSUCI WorldTour Mitchelton–ScottMTSUCI WorldTour Movistar TeamMOVUCI WorldTour Quick-Step FloorsQSTUCI WorldTour Team SkySKYUCI WorldTour Team SunwebSUNUCI WorldTour Trek-SegafredoTFSUCI WorldTour UAE Team EmiratesUADUCI WorldTour

Etapas Nesta edición outórganse bonificacións para os tres primeiros nos sprints intermedios e en meta ao final de cada etapa. Estas bonificacións son de 3, 2, 1 e 6, 3, 1 segundos, respectivamente +EtapaDataPercorridokmTipoVencedorLíder12 de abrilZarautz - Zarautz162,1senmarco|22x22pxEtapa de media montaña Julian Alaphilippe Julian Alaphilippe23 de abrilZarautz - Bermeo166,7senmarco|22x22pxEtapa de media montaña Julian Alaphilippe34 de abrilBermeo - Gaubea184,8senmarco|22x22pxEtapa escarpada Jay McCarthy45 de abrilLodosa - Lodosa19,4senmarco|22x22pxContra o reloxo individual Primož Roglič Primož Roglič56 de abrilGasteiz - Éibar164,7senmarco|22x22pxEtapa de montaña Omar Fraile67 de abrilÉibar - Arrate122,2senmarco|22x22pxEtapa de montaña Enric Mas

Clasificación xeral PosiciónCiclistaEquipoTempo|25x25px Primož Roglič 25x25pxLottoNL-Jumbo20h 53' 47"2 Mikel LandaMovistar Team + 1' 09"3 Ion IzagirreBahrain-Merida + 1' 42"4 Emanuel BuchmannBora-Hansgrohe + 3' 14"5 Nairo QuintanaMovistar Team + 3' 17"6 Enric Mas 25x25pxQuick-Step Floors + 3' 29"7 Bauke MollemaTrek-Segafredo + 3' 50"8 Pello BilbaoAstana + 4' 14"9 David de la CruzTeam Sky + 4' 15"10 Patrick KonradBora-Hansgrohe + 5' 30"

Outras clasificacións

Clasificación da montaña Pos.CiclistaEquipoPuntos25x25px Carlos VeronaMitchelton552 Mark PadunBahrain343 Thomas de GendtLotto324 Enric Mas 25x25pxQuick-Step195 Mikel LandaMovistar18

Clasificación da regularidade Pos.CiclistaEquipoPuntos25x25px Primož Roglič 25x25pxLotto922 Julian AlaphilippeQuick-Step683 Enric Mas 25x25pxQuick-Step484 Mikel LandaMovistar465 Pello BilbaoAstana43

Clasificación dos xoves Pos.CiclistaEquipoPuntos25x25px Enric MasQuick-Step20h 57' 16"2 Jack HaigMitchelton + 6' 52"3 Bjorg LambrechtLotto + 9' 26"4 Alex AranburuCaja Rural + 11' 14"5 Valentin MadouasFDJ + 15' 16"

Clasificación por equipos Pos.EquipoTempo|25x25px Movistar

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Euskal Herria Volta ao País Vasco

Ligazóns externas

Páxina web oficial Itzulia en ProCyclingStats

Categoría:Ciclismo en 2018