Loretta Lynn, nada como Loretta Webb en Butcher Hollow (Kentucky) o 14 de abril de 1932 e finada en Hurricane Mills (Tennessee) o 4 de outubro de 2022, foi unha cantante e compositora de música country e filántropa estadounidense.

Traxectoria Foi a primeira filla do matrimonio formado por Melvin Theodore Webb, mineiro dunha mina de carbón e agricultor, e Clara Marie Ramey Lynn, de ascendencia cherokee, aínda que non recoñecida pola tribo. Casou aos 15 anos, foi nai e pouco despois mudouse ao estado de Washington co seu marido, Oliver Lynn. O seu matrimonio foi tumultuoso, el tivo amantes e ela era moi impetuosa; todas estas experiencias xuntas foron a súa inspiración para a música.

Cando tiña 21 anos, o seu marido regaloulle unha guitarra. Lynn aprendeu a tocar a guitarra e fixo a súa primeira gravación ao ano seguinte. Comezou a ser parte da escena country de Nashville (Tennessee) na década de 1960, e en 1967 conseguiu o primeiro nº 1 dos dezaseis que acadou (de entre as 70 cancións da listaxe como artista en solitario e dueto), entre as que destacan "Don't Come Home A-Drinkin' (With Lovin' on Your Mind)", "You Ain't Woman Enough", "Fist City" e "Coal Miner's Daughter".Loretta Lynn at CMT.com .

No ano 1972 gravou a canción "The pill", escrita por Lorene Allen, Don McHan, T. D. Bayless e Loretta Lynn. Esta canción fala, con toques cómicos, do control da natalidade e do uso da pílula anticonceptiva. Foi retida pola súa discográfica ata que se publicóu no ano 1975, sendo o primeiro sinxelo de Lynn ese ano, no álbum Back to Country. A anticoncepción era un tema arriscado a tratar naquela época e aínda máis na música country, polo que varias emisoras de radio negáronse a emitila. Porén, tivo máis sona e atención fóra do ámbito country que ningún dos discos que gravara antes dese. Converteuse no seu sinxelo pop máis vendido, acadando o número 70 na lista Hot 100, e foi número 1 no Canadá e o número 2 nos Estados Unidos.

Nunha entrevista para a revista Playgirl, Lynn contou que, tras do éxito da canción, varios médicos rurais felicitárona e lle dixeron que "The pill" fixera máis por espallar a dispoñibilidade de métodos anticonceptivos en zonas rurais illadas que toda a literatura que publicaran. Tratouse dunha postura liberal pouco habitual por parte de Lynn, xa que era unha cristiana conservadora e procuraba evitar posturas sociopolíticas abertas na súa música sempre que podía.

En 1980 rodouse o filme Coal Miner's Daughter, que relata a vida adolescente e os seus inicios na música. Loretta Lynn foi interpretada pola actriz Sissy Spacek quen gañou o Oscar á mellor actriz pola súa interpretación.

Lynn recibiu moitos premios e outros galardóns polo seu papel innovador na música country, incluídos premios da Asociación da Música Country e da Academia da Música Country (ACM) como compañeira de dúo e como artista individual. Foi nomeada dezaoito veces aos premios Grammy e gañou tres. En 2022, Lynn foi a artista feminina de música country máis premiada e a única artista feminina da ACM da Década (a década de 1970). Lynn conseguiu vinte e catro sinxelos de éxito número un e once álbums número un. Puxo fin a 57 anos de xiras na estrada tras sufrir un derramo cerebral en 2017 e rachar a cadeira en 2018.

Discografía

Álbums de estudio

Loretta Lynn Sings (1963) Before I'm Over You (1964) Songs from My Heart.... (1965) Blue Kentucky Girl (1965) Mr. and Mrs. Used to Be (with Ernest Tubb) (1965) Hymns (1965) I Like 'Em Country (1966) You Ain't Woman Enough (1966) Country Christmas (1966) Don't Come Home a Drinkin' (With Lovin' on Your Mind) (1967) Singin' Again (with Ernest Tubb) (1967) Singin' with Feelin''' (1967) Who Says God Is Dead! (1968) Fist City (1968) Your Squaw Is on the Warpath (1969) If We Put Our Heads Together (with Ernest Tubb) (1969) Woman of the World/To Make a Man (1969) Here's Loretta Singing "Wings Upon Your Horns" (1970) Coal Miner's Daughter (1971) We Only Make Believe (with Conway Twitty) (1971) I Wanna Be Free (1971) You're Lookin' at Country (1971) Lead Me On (with Conway Twitty) (1972) One's on the Way (1972) God Bless America Again (1972) Here I Am Again (1972) Entertainer of the Year (1973) Louisiana Woman, Mississippi Man (with Conway Twitty) (1973) Love Is the Foundation (1973) Country Partners (with Conway Twitty) (1974) They Don't Make 'Em Like My Daddy (1974) Back to the Country (1975) Feelins' (with Conway Twitty) (1975) Home (1975) When the Tingle Becomes a Chill (1976) United Talent (with Conway Twitty) (1976) Somebody Somewhere (1976) I Remember Patsy (1977) Dynamic Duo (with Conway Twitty) (1977) Out of My Head and Back in My Bed (1978) Honky Tonk Heroes (with Conway Twitty) (1978) We've Come a Long Way, Baby (1979) Diamond Duet (with Conway Twitty) (1979) Loretta (1980) Lookin' Good (1980) Two's a Party (with Conway Twitty) (1981) I Lie (1982) Making Love from Memory (1982) Lyin', Cheatin', Woman Chasin', Honky Tonkin', Whiskey Drinkin' You (1983) Just a Woman (1985) Who Was That Stranger (1988) Honky Tonk Angels (con Dolly Parton e Tammy Wynette) (1993) Making More Memories (1994) All Time Gospel Favorites (1997) Still Country (2000) Van Lear Rose (2004) Full Circle (2016) White Christmas Blue (2016) Wouldn't It Be Great (2018) Still Woman Enough (2021)

Premios e recoñecementos Lynn escribiu mais de cento sesenta cancións e publicou sesenta álbums. Foi número un en dez álbums e en dezaseis sinxelos nas listaxes de country. Lynn gañou tres premios Grammy, sete American Music Awards, oito Broadcast Music Incorporated, catorce Academy of Country Music, oito Country Music Association e vinte e seis Music City News, outorgados polos fans. Lynn segue sendo a muller máis premiada na historia da música country.​​ Foi a primeira muller na música country en recibir un disco de ouro certificado por Don't Come Home a' Drinkin (With Lovin' on Your Mind) en 1967.

En 1972, Lynn foi a primeira muller nomeada «artista do ano» pola Country Music Association. En 1980, foi a única muller nomeada «Artista da década» dos setenta pola Academia da Música Country. Lynn ingresou no Salón da Fama da Música Country en 1988 e no Salón da Fama da Música Country Gospel en 1999, e en 2003 obtivo o Kennedy Center Honors, un premio outorgado polo Presidente dos Estados Unidos. Lynn ocupa o posto sesenta e cinco na lista da VH1's 100 Greatest Women of Rock & Roll e foi a primeira artista country feminina en recibir unha estrela no Paseo da Fama de Hollywood en 1977. En 1994, recibiu o premio como pioneira da música country da Academia da Música Country.No ano 2001, «Coal Miner's Daughter» foi incluída entre as «100 cancións máis senlleiras do século XX» de NPR. En 2002, Lynn ocupou o posto número 3 entre as mulleres vivas no especial da CMT sobre as 40 mulleres máis importantes da música country.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Dawidoff, N. (1998): In The Country of Country: A Journey to the Roots of American Music. Vintage Books. ISBN 978-0-375-70082-X Dogget, P. (2001): Are You Ready for the Country: Elvis, Dylan, Parsons and the Roots of Country Rock. Penguin Books. ISBN 978-0-14-026108-7 Feiler, B. (1998): Dreaming Out Loud: Garth Brooks, Wynonna Judd, Wade Hayes and the changing face of Nashville''. Avon Books. ISBN 978-0-380-97578-5

Outros artigos Tammy Wynette Ligazóns externas Sitio oficial

Categoría:Artistas de Decca Records Categoría:Cantantes de Kentucky Categoría:Nados en Kentucky Categoría:Nados en 1932 Categoría:Finados en 2022