A igrexa de Fole (sueco: Fole kyrka) é unha igrexa medieval luterana en Fole, na illa sueca de Gotland, pertencente á diocese de Visby.

Historia A igrexa actual estivo precedida por outra de estilo románico de pedra. Desta outra permanece a igrexa, que é a parte máis antiga do edificio. Esta data de ao redor do ano 1200. A igrexa románica foi substituída gradualmente pola presente igrexa, de estilo máis gótico. A mediados do século XIII a metade da nave e o coro e foron reconstruído, e unhas poucas décadas despois o resto da nave. A igrexa reconstruída foi inaugurada no ano 1280.

A igrexa permaneceu case intacta dende entón. A sancristía foi redecorada en 1707, e no interior realizáronse algunhas alternacións menores ao longo dos séculos.

Arquitectura O exterior da igrexa ten elementos tanto románicos como góticos. A torre é totalmente románica, con semellanzas á da próxima igrexa de Bro. Un portal, orixinalmente o portal do coro, foi reusado da vella igrexa románica e agora serve como portal da sancristía. A nave e o coro son de estilo gótico. A igrexa carece de ábsida e ten un moro oriental recto con tres fiestras verticais. Un dos muros ten inscricións rúnicas feitas polos habitantes da localidade como unha forma de rexistro permanente sobre o seu dereito a usar un camiño a través de parte de Fole.

O interior da igrexa foi decorado con frescos dos cales se conservan algúns fragmentos. A igrexa aínda conserva algúns obxectos medievais. A pía bautismal é de principios do século XIII, aínda que a súa parte superior pintouse no século XVIII. Esta ten relieves que representan a fuxida a Exipto e aos apóstoles na parte de arriba, e na base están esculpidas cabezas e bestas. A igrexa tamén ten unha cruz triunfal do século XIII (pintada na década de 1840) e varias tumbas medievais. Outros mobles son posteriores, como a galería neogótica (1870), unha das poucas pezas deste tipo en Gotland.

Nas proximidades hai unha escola construída en 1858 e unha casa parroquial de 1820.

Galería de imaxes

Notas

Fole