miniatura|400x400px|Placa tectónica eurasiática A placa eurasiática é unha placa tectónica continental que abarca Eurasia, exceptuando o subcontinente indio, Arabia e parte de Siberia ao leste da cordilleira Verjoyansk. Tamén inclúe a parte oriental do océano Atlántico Norte até a dorsal mesoatlántica, abarcando un territorio duns 67 800 000 km². As placas coas que limita son:
Ao norte a placa norteamericana. Ao sur a placa africana, a placa arábiga e a placa indoaustraliana. Ao leste a placa pacífica, a placa filipina, a placa de Ojotsk e a placa Amuria. Ao oeste ten un bordo diverxente coa placa norteamericana, que dá orixe á mencionada dorsal atlántica. Categoría:Placas tectónicas
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Tectónica de placas Placa tectónica
Categoría:Xeoloxía