O arco de MazarelosArco de Mazarelos en turismo.gal., tamén coñecido como porta de Mazarelos, é unha das portas que daban acceso á cidade de Santiago de Compostela nas Idades Media e Moderna, cando a cidade estaba defendida por unha muralla.
Características
A porta de Mazarelos é o único vestixio que queda en pé da muralla de Santiago de Compostela, xa que o resto da mesma foi derrubado entre os séculos XVIII e XIX.
A porta, de arco de medio punto peraltado, ten acaroada no lateral sur unha edificación que conserva os baseamentos do torreón defensivo que flanqueaba a porta. Ambas as arquitecturas están construídas en granito.
Historia Construción A expedición militar de Almanzor sobre Santiago de Compostela no ano 997 levou ao bispo Cresconio (1037-1066) a reconstruír o sistema defensivo creado por Sisnando II contra 968.Arco de Mazarelos Xunta de Galicia.
Sobre o segundo anel defensivo (profundos fosos e cercas) que rodeaba o núcleo urbano (o primeiro protexía o locus Sancti Iacobi), Cresconio edificou outra muralla con torreóns de planta cadrada e rolda interior.
Importancia da porta na Idade Media Esta porta antigamente permitía entrar en Santiago de Compostela aos viaxeiros procedentes de Ourense.
Na Idade Media, os peregrinos que llegaban a Santiago de Compostela desde Mérida pola Vía da Prata entraban na cidade pola porta de Mazarelos, que era tamén o lugar por onde entraban o viño do Ribeiro desde a cidade de Ourense, segundo consta no capítulo IX do libro V do famoso Codex Calixtinus, citado por Miguel Etayo Gordejuela:
Hai constancia de que na Idade Media varios cambistas de moedas vivían na praza de Mazarelos, e tamén de que a porta de Mazarelos era unha das máis frecuentadas por transeúntes e transportistas de mercadorías, xa que até ela chegaba o camiño que unía Santiago de Compostela con Comarca do Sar, e por ela chegaban a Santiago os cereais casteláns e os viños do Ribeiro e do val dol Ulla.
Reformas Durante os séculos XVI e XVII realizáronse importantes reparacións e reformas no sistema defensivo da cidade.
Finalmente, no século XIX derrubárionse as murallas, quedando só o arco de Mazarelos e algúns outros pequenos vestixios.
Notas
Véxase tamén Bibliografía González Méndez, Matilde e Luaces Anca, Javier (2009): A cerca da Cidade: Santiago de Compostela. Santiago de Compostela: Oficina da Cidade Histórica e Rehabilitación. Concello de Santiago. , , .
Outros artigos Praza de Mazarelos Muralla de Santiago de Compostela
Categoría:Murallas de Galicia Categoría:Arquitectura en Santiago de Compostela Categoría:Arquitectura militar de Galicia