Patrimonio Galego é un catálogo social do patrimonio cultural galego en Internet. Comezou a elaborarse no ano 2011. En 2018 acadaron os dez mil elementos catalogados.
Descrición O proxecto está baseado en persoas colaboradoras voluntarias de toda Galiza que visitan lugares e elementos patrimoniais de interese, os catalogan, describen e soben á páxina descricións deles xunto con imaxes. O proxecto está supervisado por colaboradores que deben validar as achegas para ser engadidas. Os elementos catalogados están xeorreferenciados e con imaxes. Pode ser consultado libremente facendo buscas polo miúdo. Hai que estar rexistrado na páxina e ter unha conta de usuario para facer achegas aínda que cada elemento catalogado ten ficha propia e pódense achegar comentarios.
É un proxecto desenvolvido por Manuel Gago, Elisa Amigo, Adela Oyonarte, Carmela Sánchez Arines, Pancho Gallego, Elixio Vieites, Álex Bragaña, Soledad Felloza, Eladio Rial, Xurxo Salgado e Félix Aragunde. Recoñecementos
En 2021 foi galardoado nos Premios Rodolfo Prada da Deputación de Ourense.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Wikipedia:Patrimonio Galego Ligazóns externas
Sitio web de Patrimonio Galego
Categoría:Patrimonio histórico e artístico de Galicia Categoría:Asociacións culturais de Galicia Categoría:Sitios web en galego