Antonio Arias Teixeiro, nado en Pontevedra en 1772 e finado en data descoñecida, foi un escritor e político galego.
Traxectoria En 1809 era rexedor de Pontevedra e en 1813 deputado pola provincia de Tui na Xunta do Reino de Galicia. En 1823 estaba preso como absolutista no castelo de Santo Antón na Coruña.
É autor de dous sonetos en galego, publicados por Xosé María Álvarez Blázquez, quen entende que deberon ser escritos en Pontevedra entre os anos 1810 e 1812. Son un desafogo contra dous ignorantes que quixeron criticar publicamente os seus versos. Despois do último terceto teñen un hendecasílabo de máis como estrambote e algunha outra licenza.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Nados en Pontevedra Categoría:Nados en 1772 Categoría:Finados en ano descoñecido Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos Categoría:Escritores de Galicia coa obra no dominio público