Un sequon é unha secuencia de aminoácidos consecutivos nunha proteína, que pode servir como sitio de unión a un polisacárido, frecuentemente un glicano enlazado por N. O polisacárido lígase á proteína por medio dun átomo de nitróxeno situado na cadea lateral dunha asparaxina (Asn). O sequon para a N-glicosilación é ou ben Asn-X-Ser ou ben Asn-X-Thr, onde X é calquera aminoácido agás a prolina. Ocasionalmente, outros aminoácidos poden ocupar o lugar da serina (Ser) ou treonina (Thr), como ocorre na proteína de superficie dos leucocitos CD69, cuxa secuencia de aminoácidos Asn-X-Cys é un sequon aceptable para a adición de glicanos enlazados por N.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Glicoproteínas Categoría:Secuencias peptídicas