Judit Farrés, nada en Igualada en 1974, é unha actriz e DJ catalá.
Traxectoria Estudou interpretación no Institut del Teatre de Barcelona, e titulouse en grao medio no Conservatori de Música Superior do Liceo de Barcelona. Recibiu unha bolsa do Institut del Teatre para asistir á Scuola Europea per l’Arte de l’Autore de San Miniato (Italia).
Como actriz traballou na obra Fashion Feeling Music, dirixida por Josep Maria Mestres, e tamén como DJ en La llum no es veu en els carrers pels carrers de Bàsquiat, da compañía Lanònima Imperial, con dirección de Xavier Albertí e Bebeto Cidra. Traballou tamén baixo a dirección de Pep Anton Muñoz, Luca Valentino, Joan Castells e Àngel Llàcer. Participou en montaxes do Teatre Lliure Titus Andrònic, con dirección de Àlex Rigola, co que traballou tamén en Cancionero de palacio, estreada no Festival Castell de Perelada.
A partir de 2004 centrouse na elaboración de bandas sonoras e espazos sonoros para espectáculos, como El virus (dirixido por David Selvas), Teatre per a minuts (Jorge Raedó), Ariadna (Xavi Sabata), ou Pell (Olga Tragant). En solitario presentou o espectáculo La huelga, onde toca en directo a súa banda sonora da película de Sergei Eisenstein Стачка (1924).
Colaborou con Albert Pla no disco Cançons d'amor i droga (2003), con posta en escena dirixida por Àlex Rigola. En 2006 preparou a banda sonora do espectáculo de Pla El malo de la película, e colaborou no seu disco Vida y milagrosConcert d'Albert Pla: "Vida y milagros" , Teatre Lliure, 2007..
En 2015 actuou xunto a Mireia Trias na obra Confidències a Al·là, adaptación da novela de Saphia Azzeddine feita pola directora Magda Puyo"Judit Farrés: «les dones occidentals també tenim valors podrits»", Anoia Diari, 13 de marzo de 2015 .
Colaborou coa poeta Ajo, con quen actuou na Cidade da Cultura de Galicia"Vive a maxia do lusco e fusco coa micropoesía de Ajo e o pop de Dejavú", na web da Cidade da Cultura, 28 de xullo de 2011..
Filmografía Estació d'enllaç (1994) El cor de la ciutat (2000) Murieron por encima de sus posibilidades (2014)
Notas
Categoría:Nados en Igualada Categoría:Nados en 1974 Categoría:DJs Categoría:Actores de Cataluña