A Eurypyga helias é unha especie de ave da orde Euripygyformes, única representante do seu xénero (Eurypyga) e da súa familia (Eurypygidae). Habita nas rexións tropicais de América.
Descrición miniatura|A colorido plumaxe de Eurypyga helias. Esta é unha ave esvelta cun andar pausado. Mide de 43 a 48 cm, e ten un peso de arredor de 250 gramos. O peteiro é alaranxado coa base de cor negra e o iris avermellado.
A cor das ás é o detalle máis rechamante, son de cor castaña, amarela, negra, branca, oliva e gris con dúas franxas castaña e negra; e desprégaas no cortexo. En voo, pode verse un ocelo grande e escuro en cada á. As cores luminosas tamén se usan para sobresaltar ós predadores potenciais.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas BirdLife Species Factsheet
Categoría:Animais descritos en 1781 Categoría:Gruiformes