Arturo López Trasancos, nado en 1902 e finado en Ourense o 19 de febreiro de 1948, foi un médico e político galego.

Traxectoria Vinculado ao galeguismo dende novo, estudou medicina na Universidade de Santiago de Compostela, especializándose en otorrinolaringoloxía e traballou no Instituto Provincial de Hixiene de Ourense. Foi concelleiro en Ourense durante a ditadura de Primo de Rivera e ao seu remate foi vicepresidente do Partido Nazonalista Republicán de Ourense que dirixía Ramón Otero Pedrayo e como tal un dos membros de primeira hora do Partido Galeguista.

Represaliado durante o franquismo, o Tribunal de Responsabilidades Políticas sancionouno en 1941 con multa e inhabilitación para practicar a medicina durante cinco anos.Prada Rodríguez, X.: "A depuración das responsabilidades políticas dos galeguistas ourensáns. Unha achega", en Boletín da Real Academia Galega 370 Vida persoal

Casou con Carmen Canoura e foi pai de María del Carmen L. Trasancos Canoura,

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Nados en 1902 Categoría:Finados en 1948 Categoría:Concelleiros de Ourense Categoría:Concelleiros de Galicia durante a Restauración Categoría:Médicos de Galicia Categoría:Políticos do Partido Galeguista Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes