Doves é unha banda de rock alternativo inglesa baseada en Cheshire. Está composta polos irmáns xemelgos Jez Williams (guitarra, voces) e Andy Williams (batería, voces), e Jimi Goodwin (baixo, voces, guitarra). Ademais adoita a acompañalos o teclista Martin Rebelski como músico de xira e de estudio. O grupo leva publicados catro discos de estudio, dous dos cales acadaron o número 1 na lista británica de álbums.
Doves entrou en hiato no ano 2010. Jimi Goodwin publicou o seu primeiro traballo en solitario, Odludek, en 2014, mentres que os irmáns Williams formaron a banda Black Rivers.
Discografía Álbum Ano Selo Lost Souls 2000 Heavenly Records The Last Broadcast 2002 Heavenly Records Some Cities 2005 Heavenly Records Kingdom of Rust 2009 Heavenly Records The Universal Want 2020 Heavenly Records, Virgin Records Constellations for the Lonely 2025 EMI North
Notas
Categoría:Grupos musicais do condado de Cheshire Categoría:Grupos musicais de rock alternativo Categoría:Grupos musicais formados en 1998