Nordic Regional Airlines Oy (comercializada como Norra e estilizado como N°RRA, e anteriormente Flybe Nordic) é unha aeroliña rexional finlandesa baseada no aeroporto de Helsinqui. A compañía é propiedade de Finnair.

A aeroliña comezou a operar como Flybe Nordic o 20 de outubro de 2011 como unha empresa conxunta entre Flybe e Finnair, despois da súa compra de Finncomm Airlines. Flybe vendeu o seu 60% a Finnair como unha solución temporal ao prezo de 1 euro en marzo de 2015. A compañía vén operando co código de Finnair dende o 1 de maio de 2015. A súa sede e centro de operacións atópase en Vantaa, aínda que en Seinäjoki teñen o seu departamento financeiro.

Frota miniatura|250px|ATR 72 En maio de 2018 a frota de Nordic Regional Airlines estaba formada polos seguintes avións: Avión En servizo Pedidos Pasaxeiros Notas J Y TotalATR 72-50012——6868Alugados a Finnair7272Embraer 190LR12—1288100Operados por FinnairTotal24—

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web da aeroliña

Categoría:Aeroliñas de Finlandia