thumb|250px|Imaxe do furacán Floyd tomada polo NOAA 14, un satélite de tipo Advanced TIROS-N. Advanced TIROS-N (tamén coñecido polo seu acrónimo ATN) é o nome dun programa de satélites meteorolóxicos en órbita polar continuación do TIROS-N e xestionado pola Administración Nacional Oceánica e Atmosférica (NOAA) dos Estados Unidos.

Características O lanzamento e comprobación dos satélites en órbita era xestionado pola NASA e o control pasábase á NOAA unha vez verificado o seu normal funcionamento. Foron construídos por RCA Astro usando o mesmo bus que os satélites militares DMSP-5D1.

As especificacións dos satélites ATN eran as seguintes:

Vida útil mínima de 2 anos. Órbita heliosincrónica cunha altura de entre 833 e 870 km. Masa de 1479,9 kg unha vez en órbita (2231,7 kg no momento do lanzamento). Lonxitude de 4,18 m e diámetro de 1,88 m. Propulsión mediante hidracina, GN2 e AKM. Estabilización nos tres eixos. Controis térmicos activos e pasivos. Operación a través das estacións en Wallops Island e Fairbanks con soporte de apoio coas antenas de 26 m da Rede de Espazo Profundo (DSN) da NASA. Transmisións en banda S encriptadas.

Os satélites ATN levaban estes instrumentos a bordo:

AVHRR/3: radiómetro de exploración de seis canais que permitía obter datos hidrolóxicos, oceanográficos, meteorolóxicos e de uso da terra no rango de lonxitudes de onda visible a infravermello. HIRS/3 (High-Resolution Infrared Sounder/3), AMSU-A (Advanced Microwave Sounding Unit-A) e AMSU-B (Advanced Microwave Sounding Unit-B): permitían obter perfís de temperatura e humidade da atmosfera entre o nivel do solo ata a altura da estratosfera. SBUV (Solar Backscatter Ultraviolet Radiometer): radiómetro de escaneo espectral para medir a irradiancia solar e o seu efecto na terra a lonxitudes de onda de entre 160 e 406 nanómetros. Era capaz de medir a cantidade de ozono na atmosfera. SEM-2 (Space Environment Monitor): medía a intensidade da radiación dos cintos de radiación terrestres e das partículas cargadas. SARSAT (Search and Rescue Satellite Aided Tracking System): detecta e localiza chamadas de emerxencia nas frecuencias de 121,5, 243 e 406,05 MHz.

Unidades A serie Advanced TIROS-N constou de sete satélites:

NOAA 8, lanzado o 28 de marzo de 1983. NOAA 9, lanzado o 12 de decembro de 1984. NOAA 10, lanzado o 17 de setembro de 1986. NOAA 11, lanzado o 24 de setembro de 1988. NOAA 12, lanzado o 14 de maio de 1991. NOAA 13, lanzado o 9 de agosto de 1993. NOAA 14, lanzado o 30 de decembro de 1994.

Os sete foron lanzados mediante foguetes Atlas E con éxito e funcionaron nominalmente.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Atlas E TIROS-N

Categoría:Satélites artificiais