O Rethymno Cretan Kings BC (en grego: Ρέθυμνο Κρητικός Κινγκς K.A.E.), é un equipo profesional de baloncesto da localidade de Retimno, na Illa de Creta (Grecia). O Rethymno foi fundado no ano 1986, o club compite actualmente na máxima categoría do baloncesto grego, a A1 Ethniki. Antes do ano 2015, o equipo era coñecido como Rethymno Aegean B.C. (Ρέθυμνο Αιγαίο K.A.E.) ou Athlitikos Gymnastikos Omilos Rethymno (Α.G.Ο.R.) (Αθλητικός Γυμναστικός Όμιλος Ρεθύμνο (Α.Γ.Ο.Ρ.). O Rethymno xoga os seus partidos como local no Pavillón Melina Merkouri, recinto con capacidade de 1.600 espectadores.

Historia O Club Atlético Ximnástico Rethymo foi fundado no ano 1965, non nacendo a súa sección de baloncesto até o ano 1986. Un dos momentos históricos do equipo produciuse durante a temporada 2006-07, cando o equipo se clasificou para xogar a final da Copa de Grecia despois de derrotar a varios equipos da primeira división: PAOK, Panionios, Sporting Atenas e Kolossos Rodou. Con todo, o foron finalmente derrotados cun resultado de 87-48 polo todopoderoso Panathinaikos. Ese mesmo ano o equipo consegue o ascenso á máxima categoría tras finalizar no terceiro posto da A2 Ethniki. Porén, o equipo aguanta tan só un ano, descendendo tras finalizar no trixésimo primeiro posto. Tras varias temporadas na segunda categoría, o club regresa á A1 na temporada 2010−11.

Traxectoria AnoNivelDivisiónPos.Copa de GreciaEuropa2000–01 4 G Ethniki 6 — — —2001–02 4 G Ethniki 3 — — —2002–03 4 G Ethniki 4 — — —2003–04 4 G Ethniki 1 Ascenso — —2004–05 3 B Ethniki1 Ascenso — —2005–06 2 A2 Ethniki 3 — — —2006–07 2 A2 Ethniki 3 Ascenso Subcampión — 2007–08 1 A1 Ethniki 13 Descenso — — 2008–09 2 A2 Ethniki 6 — — — 2009–10 2 A2 Ethniki 7 — — — 2010–11 2 A2 Ethniki 2 Ascenso — — 2011–12 1 A1 Ethniki 5Cuartofinalista — — 2012–13 1 A1 Ethniki 5Cuarto posto — — 2013–14 1 A1 Ethniki 9 — — — 2014–15 1 A1 Ethniki 6Cuartofinalista — — 2015–16 1 A1 Ethniki 8Cuartofinalista Cuartos de final — 2016–17 1 A1 Ethniki 6Cuartofinalista — —

Palmarés Competicións domésticas Copa de Grecia Subcampións (1): 2007 Segunda División de Grecia Campións (1): 2005

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web oficial

Rethymno Cretan Kings