A teoría feminista é a extensión do feminismo aos campos teóricos ou filosóficos. Abarca o traballo realizado nunha ampla variedade de disciplinas, e inclúe de maneira prominente os enfoques en canto aos roles e vidas das mulleres e a política feminista na antropoloxía e socioloxía, a psicanálise, a economía, os estudos de xénero e de mulleres, a crítica literaria feminista e a filosofía, especialmente a filosofía continental. Brabeck, M. and Brown, L. (with Christian, L., Espin, O., Hare-Mustin, R., Kaplan, A., Kaschak, E., Miller, D., Phillips, E., Ferns, T., and Van Ormer, A.) 'Feminist theory and psychological practice', in J. Worell and N. Johnson (eds.) Shaping the future of feminist psychology: Education, research, and practice (Washington, D.C.: American Psychological Association, 1997), pp.15-35 A teoría feminista ten como fin a comprensión da natureza da desigualdade e céntrase nas políticas de xénero, as relacións de poder e a sexualidade. Mentres que xeralmente a teoría feminista presenta unha crítica das relacións sociais, unha parte importante da teoría feminista tamén analiza a desigualdade de xénero e a promoción dos dereitos, intereses e asuntos das mulleres. O feminismo explora temas como a historia da arte,Pollock, Griselda. Looking Back to the Future: Essays on Art, Life and Death. G&B Arts. 2001. ISBN 90-5701-132-8 e a arte contemporánea,de Zegher, Catherine. Inside the Visible. Massachusetts: MIT Press 1996Armstrong, Carol and de Zegher, Catherine. Women Artists at the Millennium. Massachusetts: October Books / MIT Press 2006. ISBN 0-262-01226-X a estética,Arnold, Dana and Iverson, Margaret (Eds.). Art and Thought. Blackwell. 2003. ISBN 0-631-22715-6Florence, Penny and Foster, Nicola. Differential Aesthetics. Ashgate. 2000. ISBN 0-7546-1493-X , a discriminación, os estereotipos, a cousificación (especialmente a cousificación sexual), a opresión, e o patriarcado. Gilligan, Carol, 'In a Different Voice: Women's Conceptions of Self and Morality' in Harvard Educational Review (1977) Chodorow, Nancy J., Feminism and Psychoanalytic Theory (Yale University Press: 1989, 1991)Lerman, Hannah, Feminist Ethics in Psychotherapy (Springer Publishing Company, 1990) ISBN 978-0-8261-6290-8
Historia Nancy Cott fai unha distinción entre o feminismo moderno e os seus antecedentes, en particular a loita polo sufraxio. Nos Estados Unidos coloca o momento decisivo nas décadas antes e despois de que as mulleres conseguisen o voto en 1920 (1910-1930). Expón que o anterior movemento feminino tratou principalmente sobre a muller como unha entidade universal, mentres durante este período de vinte anos converteuse nun movemento que se concerniu coa diferenciación social, atento á individualidade e á diversidade. Novos asuntos trataron da condición da muller como un construto social, a identidade de xénero e as relacións dentro de e entre os xéneros. Politicamente isto representou un cambio dun aliñamento ideolóxico do dereito a un máis radicalmente asociado coa esquerda.Cott, Nancy F. The Grounding of Modern Feminism. New Haven: Yale University Press, 1987
Susan Kingsley Kent di que o patriarcado freudiano foi responsábel no perfil diminuído do feminismo durante os anos de guerra,Kent, Susan Kingsley. Making Peace: The Reconstruction of Gender in Interwar Britain. Princeton, N.J. 1993 aínda que outras, como Juliet Mitchell, consideran esta explicación demasiado simplista posto que a teoría freudiana non é completamente incompatíbel co feminismo.Mitchell, Juliet. Psychoanalysis and Feminism: Freud, Reich, Laing, and Women. New York 1975 Varias partes da erudición feminista cambiaron da necesidade de estabelecer as orixes da familia cara á análise da oposición a unha imaxe da "muller na casa". Simone de Beauvoir expuxo unha dimensión existencialista do feminismo coa publicación de Le Deuxième Sexe (O segundo sexo) en 1949. Como implica o título, o punto de partida é a inferioridade implícita das mulleres, e a primeira pregunta que Beauvoir discute é "que é unha muller?" A muller, nota de Beauvoir, sempre se percibe como "outra", "é definida e diferenciada con referencias ao home e non el con referencias a ela. Neste libro e o seu ensaio "Woman: Myth & Reality" ("Muller: Mito e Realidade"), de Beauvoir anticipa a Betty Friedan en buscar a desmitoxización do concepto masculino da muller. "Un mito inventado polo home para confinar as mulleres ao seu estado opresivo. Para as mulleres non é unha cuestión de facerse valer como mulleres, senón que facerse seres humanos." "Unha muller non nace así, senón que se converte nunha muller" ou, como Toril Moi di, "unha muller defínese tras a maneira en que viva a súa situación encarnada no mundo, ou, noutras palabras, tras a maneira en que fai algo do que o mundo fai dela". Por tanto, a muller debe quedar suxeita para escapar o seu papel definido como "outra", como un punto cartesiano de partida.Bergoffen, Debra B. The Philosophy of Simone de Beauvoir: Gendered Phenomenologies, Erotic Generosities. SUNY 1996 ISBN 0-7914-3151-7 No seu exame de mito, aparece como un que non acepta ningún privilexio especial para mulleres. Ironicamente, as filósofas feministas tiveron que extraer a propia Beauvoir da sombra de Jean-Paul Sartre para apreciala completamente.Sullivan, Shannon. The work of Simone de Beauvoir: Introduction Journal of Speculative Philosophy 2000 14(2):v Aínda que é máis filósofa e novelista que activista, asinou un dos manifestos do "Mouvement de Libération des Femmes" (Movemento de Liberación das Mulleres").
O rexurdimento do activismo feminista a finais dos anos 1960 foi acompañado por unha literatura emerxente dos asuntos que se puideron considerar asuntos relacionados coas femias, como asuntos da terra e a espiritualidade, e o activismo ambiental.
Isto creou unha atmosfera propicia á reactivación do estudo de e debate sobre a matricentricidade, como un rexeitamento do determinismo, como Adrienne RichRich, Adrienne. Of Woman Born: Motherhood as Experience and Institution New York 1976 e Marilyn French,French, Marilyn. Beyond Power: On Women, Men, and Morals. New York 1985 mentres para as feministas socialistas como Evelyn Reed,Reed, Evelyn. Woman's Evolution: From Matriarchal Clan to Patriarchal Family. New York, 1975 o patriarcado mantivo as propiedades do capitalismo.
Elaine Showalter describe o desenvolvemento da teoría feminista en varias fases. A primeira fase é chamada a/o "crítica/o feminista" - onde a/o lector/a feminista examina as ideoloxías detrás dos fenómenos literarios. A segunda Showalter chama "xinocrítica/o" - onde a "muller é a produtora do significado textual" incluíndo "a psicodinámica da creatividade feminina; a lingüística e o problema dunha linguaxe feminina; a traxectoria da carreira individual ou feminina colectiva e a historia da literatura". A última fase é chamada a "teoría de xénero" - onde se explora a "inscrición ideolóxica e os efectos literarios do sistema de xénero".Showalter, Elaine. 'Toward a Feminist Poetics: Women’s Writing and Writing About Women' in The New Feminist Criticism: Essays on Women, Literature and Theory (Random House, 1988), ISBN 978-0-394-72647-2 Este modelo foi criticado por Toril Moi que o considera esencialista e determinista para a subxectividade feminina. Tamén o criticou por non tomar en conta a situación das mulleres fóra de Occidente.Moi, Toril, Sexual/Textual Politics (Routledge, 2002), ISBN 978-0-415-28012-9
A psicanálise feminista entra en forte desacordo coas hipóteses fálicas en canto ao inconsciente. Julia Kristeva Svarti, Bracha L. Ettinger, Luce Irigaray, Martha Riofrío Bo, Inés Mendizabal desenvolveron nocións específicas en canto á diferenza sexual inconsciente, a feminina e a maternidade, con implicacións amplas para a análise destas nos traballos de investigación das institucións.Zajko, Vanda and Leonard, Miriam (eds.), Laughing with Medusa (Oxford University Press, 2006), ISBN 0-19-927438-X
Conceptos A teoría feminista traballou ao longo da historia na conceptualización para desvelar unha realidade oculta á percepción social dando nome e sacando da invisibilidade fenómenos sociais que remiten á subordinación das mulleres. Conceptos como "feminización da pobreza", a evolución do concepto "xénero" da bioloxía á socioloxía, "dupla xornada", "acoso sexual" foron acuñados polo movemento feminista e están relacionados cos estudos de xénero e o desenvolvemento do pensamento feminista.
Teoría feminista Referencias e conceptos
Notas
Véxase tamén Bibliografía En castelán Amoros, Celia; de Miguel, Ana; (2005) Teoría feminista: de la ilustración a la globalización. 3 volúmenes. Editorial Minerva. ISBN 8488123531 de las Heras, Samara (2009) Una aproximación a las teorías feministas . Universitas. Revista de Filosofía, Derecho y Política, nº 9, xaneiro de 2009, Vargas Arenas, Iraida (2008) Teoría feminista y teoría antropológica. Revista Venezolana de Estudios de la Mujer v.13 n.30 Caracas xaneiro 2008 Acevedo, Mariela (2015) Una reflexión sobre los aportes de la Epistemología Feminista al campo de los Estudios Comunicacionales''. Cuadernos del Centro de Estudios de Diseño y Comunicación Nº 54 Ano XVI, setembro 2015, Buenos Aires, Arxentina
Ligazóns externas Teoría feminista Outros artigos
Feminismo Teoría política feminista Estudos de xénero Feminismo filosófico Ecofeminismo Simone de Beauvoir Celia Amorós Amelia Valcárcel Ana de Miguel Alicia Puleo
Categoría:Feminismo Categoría:Mulleres e filosofía