As linguas austroasiáticas son unha ampla familia de linguas do sueste asiático e da India. O nome provén da palabra grega que significa "sur de Asia".

Estas linguas están distribuídas por rexións onde tamén se falan linguas doutras familias. Está bastante estendida a crenza de que as linguas austroasiáticas son as linguas autóctonas do sueste asiático así como do leste da India, e que as outras linguas da rexión, incluso as indoeuropeas, as tai-kadai, e as linguas sino-tibetanas, chegaron alí como resultado de movementos de poboación posteriores. Algúns lingüistas, seguindo as formulacións de Schmidt (1906), suxiren que as linguas austroasiáticas poden estar emparentadas coas austronesias, formando así a suposta superfamilia áustrica, porén, esta formulación non goza de consenso.

Os lingüistas distinguen entre dúas grandes divisións de linguas austroasiáticas, as mon-khmer, tamén chamadas mon-camboxanas do sueste asiático e as linguas munda do centro e do leste central da India.

Clasificación As ramas da familia austroasiática son as seguintes.Jenny, Mathias and Paul Sidwell, eds (2015). The Handbook of Austroasiatic Languages. Leiden: Brill.

Área oriental Linguas pakánicas Linguas viéticas Linguas katuicas Linguas bahnáricas Área setentrional Lingua mang Linguas khmuicas Linguas khasi-paláungicas Linguas paláungicas Linguas khásicas Área de Camboxa Linguas khméricas Linguas peáricas Área meridional Linguas mónicas Linguas aslianas Linguas nicobáricas (incluíndo o shompen?) Linguas munda

Notas

Véxase tamén Outros artigos Linguas hmong-mien Linguas kra-dai Linguas sino-tibetanas Linguas austronesias

*