A feira de Arzúa é un evento que se celebra os días 8 e 22 de cada mes en Arzúa. A feira do día 8 vénse celebrando dende o século XI, e a do día 22 dende o século XVIIICascón Rodríguez, A. F. (2005). Arzúa na memoria. Espello histórico dunha terra. Deputación da Coruña. ISBN 978-84-9812018-7. Antigamente a do día 8 era chamada "feira" e a do día 22 "mercado", aínda que hoxe non existe ningunha diferenza entre elas. A feira tiña lugar na praza da vila, pero dende o século XVII celébranse no Campo da Feira, antiga Horta do Barreiro que foi adquirida en 1957 polo Concello de Arzúa á familia Álvarez Mir Cacheda Vigide, E. A. Arzúa en el Camino de Santiago. Everest ISBN 84-241-9930-8. Na década de 1970 construíronse unhas naves para celebrar a feira do gando nunha localización diferente, apartada do centro da vila.
Na década de 1940 o número de visitantes a unha feira de Arzúa cifrábase en 4000 persoas, incluídos tratantes de gando salmantinos, valisoletanos, granadinos, zamoranos, murcianos etc., o número de postos superaba os 300 e o número de cabezas de gando (vacún, porcino, cabalar, e lanar) ascendía a 1.300, e na década de 1980 había unhas 2000 cabezas de gando.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Festa do queixo de Arzúa Feira de cans de caza de Arzúa
Categoría:Arzúa Categoría:Festas de Galicia Categoría:Arzúa sen imaxes Categoría:Feiras